| Luns, 20 de Maio de 2013 - 20:30 |
| Presentación literaria |
| A Casa da Cultura acolle a prsentación do libro "Roberto Vidla Bolaño e os oficios do teatro" de Roberto Pascual, dramaturgo, crítico e profesor. O acto, organizado por Normalización Lingüística, terá lugar o luns 20 ás 20:30 horas. |
| Luns, 20 de Maio de 2013 - 21:00 |
| Asemblea Futbol Sala |
| A Xunta Directiva do Club Futbol Sala Redondela convoca aos seus socios a unha Xunta Extraordinaria que terá lugar o luns 20 ás 21.00h no Multiusos da Xunqueira. Na xuntanza está previsto elixir á nova xunta directiva do Club |
| Martes, 21 de Maio de 2013 - 10:30 |
| Protesta dos preferentistas |
| A plataforma de Redondela convoca este martes 21, coincidindo coa celebración da feira, unha manifestación que partirá ás 10:30 horas dende o mercado municipal na rúa Ernestina Otero. Os participantes percorrerán o centro da vila. |
| Martes, 21 de Maio de 2013 - 20:00 |
| Charla MIndfulness |
| A terapeuta craneosacral Andrea Costas, imparte na biblioteca de Chapela no Multiusos do Piñeiral unha charlaa sobre Mindfulness, técnica que engloba diferentes estratexias para reducción do estrés. |
| Martes, 21 de Maio de 2013 - 20:30 |
| Charlas no Recuncho |
| Ciclo de charlas sobre a alimentación no Recuncho. A primeira será o martes 21 ás 20:30 horas na súa sede na rúa Reveriano Soutullo número 10. Falarase da Alimentación saudable. |
| Mércores, 22 de Maio de 2013 - 17:30 |
| Charla de Maimiña |
| O mércores 22 ás 17:30 horas celébrase na Casa da Torre unha charla coloquio baixo o título “Silencio, muller parindo, bebé nacendo”. Unha actividade para difundir o Plan de Parto do Sergas organizada pola Asociación Maimiña. |
| Xoves, 23 de Maio de 2013 - 10:00 |
| Doazón en Arcade |
| O Centro de transfusión de Galicia despraza a Arcade unha unidade móbil para facilitar aos veciños que fagan as súas doazóns de sangue. O autobús permanecerá o xoves 23 en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas na rúa Rogelio Landeira. |
| Venres, 24 de Maio de 2013 - 10:00 |
| Doazón en Redondela |
| Unha unidade móbil do centro de transfusión de Galicia desprázase o venres 24 a Redondela. Permanecerá en horario de tarde nas inmediacións da casa Consistorial de 16:00 a 21:00 horas. |
|