www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 20 de Abril de 2018


Institucional • 19/04/2018

Comeza a VII Ruta do Pincho con 28 propostas nas que se fusiona a innovación cos produtos propios da zona. Once días nos que se poderán degustar nos locais de hostalería adheridos estes petiscos máis a bebida por 2,75 euros. Unha edición que este ano suma como atractivo oito rutas gastronómicas guiadas nas que ademais de gozar da gastronomía coñeceremos a historia e patrimonio de Redondela. A ruta dos carabineiros será a que inaugure estas visitas este venres ás 19:30 horas.


Cultura • 19/04/2018

Un proxecto colectivo elaborado polos alumnos do instituto baixo a supervisión de tres profesores que os animaron a achegarse ás zonas queimadas polos incendios do pasado mes de outubro e recoller en imaxes os efectos dos lumes. A exposición inaugúrase esta tarde ás 17:00 horas no Multiúsos da Xunqueira e poderá verse ata o vindeiro 30 de abril.


Política • 19/04/2018

Os escolares reflexionaron na mañá de hoxe sobre o consumo responsable da auga nun pleno infantil organizado polo concello e que contou coa participación de alumnado de sete centros de ensino público. Unha vez máis na quenda de preguntas un representante do colexio Igrexa preguntou polo novo centro educativo da Ginaria, pregunta que quedou sen resposta. Un pleno enmarcado dentro do proxecto "Redondela, cidade amigas da infancia".


Institucional • 19/04/2018

Os traballos de mellora, que contan cun orzamento de 219.000 euros, consisten nunha ampliación da zona peonil da rúa Peirao, construíndose en total 800 metros cadrados de novas beirarrúas ademais da ampliación do aparcadoiro público e a renovación da calzada de acceso ao peirao.


Cultura • 19/04/2018

O concello de Redondela, como parte da acción para a dinamización da cultura nas parroquias e asociacións culturais de toda Redondela, destina este ano 2018 máis de 33,000 euros para dar cobertura a este convenio, no que se engloban ao redor de 180 actuacións dos diferentes grupos culturais , de danza, instrumentais e vocais, así como doutras disciplinas como o teatro, grupos folk etc. Todas elas, a celebrar durante este ano 2018 nos diferentes centros culturais e parroquiais.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xan 2018 >>
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031    

Próximos Eventos...
Luns, 23 de Abril de 2018 - 18:30
Contacontos na biblioteca
O 23 de abril, Día Internacional do Libro, terá lugar na Biblioteca de Chapela o contacontos, para enos e nenas desde os 4 anos, "Un conto con moito conto". Será ás 18:30 h., na biblioteca de Chapela, con entrada libre e de balde.
Sábado, 28 de Abril de 2018 - 19:00
Concerto do Cuarteto Alicerce
O Pórtico Sonoro despídese cun concerto a cargo do Cuarteto Alicerce na Igrexa Santa María do Viso. O sábado 28 de abril ás 19:00 horas con entrada de balde.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia