Sociedade • 19/02/2019
"Os accidentes son continuos tanto de peóns como de vehículos debido ao mal estado que presentan estes camiños". Así o denuncian os veciños que na mañá de hoxe entregaron máis de 500 sinaturas no rexistro do Concello para reclamar que se acometan obras de mellora nos camiños do Penisal, Ánimas, Subido e Formiga. Dende o goberno comprometéronse a investir neste arranxo 8.000 euros "pero non nos dan prazos e ademais parécenos unha cantidade insuficiente para mellorar o estado no que se atopan estes catro viais".
|
Deporte • 19/02/2019
O CCD Cesantes organiza esta proba, que arrancará ás 16.00 horas en augas da enseada de San Simón coa participación dunha ducia de clubs da provincia.Na regata repartiranse dez bandeiras, unha para cada categoría tanto masculina como feminina.
|
Cultura • 19/02/2019
As datas da exposición serán do 21 ao 27 de abril. Durante esa semana Redondela volverá converterse nun museo ao aire libre no que esculturas e obras de arte efémeras ocuparán rúas e prazas do casco urbano. Como escenarios alternativos súmase á esta iniciativa o paseo de Cardona en Chapela e nesta edición farase unha incursión especial á parroquia de Cesantes co obxecto de concienciar sobre o lixo que acaba nos nosos mares e costas.
|
Cultura • 19/02/2019
O Concello de Redondela colocou unha unha mesa-vitrina dentro das súas instalacións que expón a obra humorística de Castelao. Este extenso volume, que recolle as Cousas da vida, é unha edición limitada (333 exemplares) e única como acredita un certificado ante notario. O libro está presidido polo retrato de Castelao.
|
Sociedade • 18/02/2019
"No camiño do vento", unha iniciativa que busca homenaxear a Sesé no segundo aniversario do seu asasinato a mans da súa ex parella. Un libro e un proxecto que quere lembrar a súa memoria, visibilizar a violencia de xénero e recadar fondos para axudar os nenos e nenas que quedan orfos vítimas da violencia machista. O proxecto está aberto á colaboración a través da páxina sesemateo.es. O libro será presentado o xoves día 7 no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela.
|