www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 12 de Decembro de 2019


Institucional • 12/12/2019

O Concello bota man do "artelixo" para denunciar a enorme cantidade de material de refugallo que acaba nos areais. Baixo o título "o mar non o merece" ata finais de ano podemos ver o lixo que voluntarios e traballadores municipais retiraron da zona intermareal das praias de Arealonga e Penedos en Chapela. Unha instalación que serve como chamada de atención sobre a cantidade de residuos que acaba nas praias.


Institucional • 12/12/2019

Redondela renuncia a solicitar esta bandeira por entender que se trata tan só dun distintivo comercial dunha empresa privada que non aporta nada e que, pola contra, xera uns gastos administrativos innecesarios. Así o explica o edil de Medio Ambiente, Roberto Villar quen confirma que logo de cinco anos contando con bandeira azul na praia da Punta en Cesantes, o novo goberno decidiu non presentar a solicitude.


Sociedade • 12/12/2019

O CEIP Laredo acolleu a presentación do novo Calendario Competencial 2020 "Aprendizaxes para a vida". Trátase dunha ferramenta para os alumnos e as súas familias, con propostas para aprender xuntos todos os días do ano con temas sobre igualdade, medio ambiente, cultura, valores e outras áreas do coñecemento.


Deporte • 12/12/2019

O adestrador do Chapela C.F., que ocupa o 5º posto na Terceira Galega, amósase satisfeito co rendemento do equipo e o compromiso dos xogadores, malia que o equipo estivo lastrado polas biaxas nas últimas xornadas. Confía en recuperar xogadores no final desta primeira volta e escalar posicións na táboa.


Sociedade • 12/12/2019

A Central Unitaria de Traballadoras CUT, vén de demandar a URBASER pola vulneración do dereito fundamental a liberdade sindical por ter aplicado, segundo explican "represión e discriminación contra varios dos seus afiliados/as repartidos polos contratos que ten a empresa na provincia, un deles chegando a despedilo e outros con distintos tipos de sancións". Por este motivo convocan unha manifestación este sábado 14 ás 18 horas, dende a Praza de Ribadavia ( a Farola)  e convidan a participar dos veciños e veciñas de Redondela




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xan 2020 >>
LMMXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Próximos Eventos...
Xoves, 12 de Decembro de 2019 - 17:30
Xoves de Conto en Arcade
A biblioteca de Arcade acolle o xoves 12 ás 17:30 horas o espectáculo O axudante de papá Noel a cargo da compañía Moc MOc. Entrada de balde.
Venres, 13 de Decembro de 2019 - 18:30
Obradoiro postais creativas
A biblioteca de Chapela organiza o venres 13 ás 18:30 un obradoiro de postais de Nadal orientado a nenos de 4 a 10 anos, impartido por Macarena González. Inscrición previa e de balde no 986454226.
Venres, 13 de Decembro de 2019 - 20:00
Concerto do conservatorio
O alumnado do COnservatorio Victor Ureña de Redondela ofrece un concerto o venres 13 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Entrada de balde.
Sábado, 14 de Decembro de 2019 - 18:00
Folk con Anaquiños
O grupo de pendereteiras e baile de Anaquiños actúa o sábado 14 ás 18.00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela. Entrada de balde. Organiza Concello de Redondela.
Sábado, 14 de Decembro de 2019 - 20:00
Teatro no Multiúsos
Continúa o ciclo Vive o teatro o sábado 14 ás 20:00 horas coa actuación do grupo Redrum Teatro e a obra Invisibles no Multiúsos da Xunqueira. Entrada 7 euros normal, 5 entrada reducida. Organiza Concellería de Cultura.
Domingo, 15 de Decembro de 2019 - 18:00
Festival de Panxoliñas
O Multiúsos do Piñeiral acolle o domingo 15 ás 18:00 horas un evento musical no que se escoitará a música máis típica do Nadal, as panxoliñas. Entrada de balde. Organiza Concello de Redondela.
Domingo, 15 de Decembro de 2019 - 18:00
Contos do recreo
Espectáculo infantil o domingo 15 ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira a cargo da compañía Redrum Teatro. Unha representación enmarcada no II ciclo de teatro infantil que organiza a Concellería de Cultura. Entrada 3 euros.
Mércores, 18 de Decembro de 2019 - 16:00
Doazón de sangue en Chapela
Unha unidade móbil do centro de transfusión de Galicia desprázase a Chapela. As persoas que desexen facer as súas doazóns poden achegarse a ese autobús que estará ubicado nas inmediacións da Alameda o mércores 18 de 15:30 a 21:00 horas.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia