www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 18 de Novembro de 2017


Sociedade • 17/11/2017

Medio milleiro de veciños concentráronse hoxe na rotonda das Torres de Padín convocados polas asociacións de Chapela e Teis para reivindicar, unha vez máis, a supresión da peaxe en Rande e a conversión en tramo urbano a AP-9 con entrada e saída nese punto. Unha protesta que serviu para lembrar que os residentes nestas parroquias de Redondela e Vigo son os que soportan a maior contaminación acústica de toda a rede estatal e reclamar a adopción de medidas que diminúan o ruído.  A protesta serviu, segundo anunciaron os convocantes, "para que a Consellería de infraestruturas nos convocara a unha reunión logo de meses facendo oídos xordos ás nosas demandas".


Sociedade • 17/11/2017

A Concellería de Medio Ambiente arranca este sábado un ciclo de actividades que teñen como protagonista o litoral de Cesantes e Soutoxuste. A primeira proposta contará coa colaboración do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy, encargado de guiar un pequeno roteiro que partirá ás 10:30 horas da lonxa e no que se lles irá explicando aos participantes os diferentes nomes cos que as xentes do mar identificaban os lugares da costa, as rochas e outros puntos de referencia.


Política • 17/11/2017

A Concellería de Benestar social destina a estas axudas un total de 100.000 euros. Unha axuda económica á que poden acceder aquelas asociación do Concello que leven a cabo programa de prevención da exclusión social ou promoción da inclusión social, promoción do voluntariado social, atención a infancia, prevención do illamento social das persoas maiores do noso municipio e prevención e promoción do coidado da saúde física, psíquica e social.


Cultura • 17/11/2017

O Viso celebra este sábado a oitava edición dun músico-tradicional organizado pola Sociedade Cultural do Viso, o grupo Tanto Nos Ten e o Colectivo Lúa Meiga. Unha programación na que non faltarán as tradicionais castañas, a música folk e os obradoiros para nenos e nenas cun concerto fin de festa a cargo dos grupo "Os da Porfia" e "Os Carunchos".


Deporte • 17/11/2017

Este domingo celébrase o Torneo de Esgrima Histórica Vila de Redondela. O público poderá presenciar a competición desta arte antiga ao longo de todo o día, tanto na pista da Xunqueira como no pavillón municipal. Ademais todos os que o desexen poderán iniciarse na práctica deste deporte da man de monitores titulados, e completamente de balde.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Out 2017 >>
LMMXVSD
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031     

Próximos Eventos...
Sábado, 18 de Novembro de 2017 - 12:00
Festas en Saxamonde
O programa relixioso arrinca o sábado con misa ás 11.00 e 12.00h con procesión acompañada pola Banda de Música de Redondela. Ás 19.00 horas celebrarase un magosto popular e ás 20.30 horas comezará unha verbena coas actuacións das orquestras Gran
Sábado, 18 de Novembro de 2017 - 19:00
Magosto veciñal
A Sociedade Labrego Cultural de Reboreda celebra o sábado 18 a partir das 19:00 horas un magosto no que ademais de castañas e chourizos asados haberá música a cargo dos grupo Anaquiños, Froles Amarelas, O Son do Castro e o Carballo das Cen Polas.
Sábado, 18 de Novembro de 2017 - 21:00
Teatro co grupo Fonte da Tella
O grupo de teatro Fonte da Tella pon en escena o vindeiro sábado día 18 ás 21,00 h. na Casa do Pobo do Val Sobral unha versión libre da obra “A fermosa Dorotea” de Miguel Mihura.
Domingo, 19 de Novembro de 2017 - 20:00
Alex O´Dogherty no Multiúsos
Enmarcado no programa Humor na súa tinta Alex O´Dogherty achega ao Multiúsos o espectáculo de humor, música e monólogos "Cosas de esas" o domingo ás 20:00 horas. Entradas á venda en Café da Vila (10 euros).
Mércores, 22 de Novembro de 2017 - 12:00
Concurso cantina de Cesantes
O Círculo Cultural Deportivo de Cesantes saca a subasta a cantina. Os interesados deben presentar as súas ofertas nun sobre pechado na cafetería da sociedade a nome do presidente antes do 22 de novembro. Poden informarse no Círculo ou no tlf 666530295
Venres, 24 de Novembro de 2017 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello o venres 24 en horario de mañá de 10:00 a 14.30 e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas
Venres, 24 de Novembro de 2017 - 12:00
Conciliación no Nadal
O programa Nadal con Simona desenvolverase nun total de 10 parroquias. Está aberto a nenos de 4 e 14 anos de idade que se inscriban antes do 24 de novembro. Co obxectivo de favorecer a conciliación laboral e familiar desenvolverase en horario 9 a 14:00h
Sábado, 25 de Novembro de 2017 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 25 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz