www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 27 de Maio de 2020


Sociedade • 26/05/2020

Moitas axencias de viaxes decidiron non abrir as súas portas ante a falta de destinos que vender e a ausencia de clientes. Non é o caso da axencia de Viaxes Talión de Redondela que dende o pasado 11 de maio ofrece novamente os seus servizos. Saben que a situación non é doada, de feito tan só se reincorporou unha das tres persoas que traballar na oficina. Con todo insisten en ser optimistas "en xullo e agosto poderase viaxar, e aínda que sexan viaxes máis domésticas ou de menos días a xente está con ganas de saír da casa". Mentres non chegan as contratacións centran o seu traballo nas cancelacións e devolucións das viaxes que non se puideron realizar.


Sociedade • 26/05/2020

Con máis de 30 graos estreaba o noso concello a fase 2 da desescalada e o levantamento da prohibición de bañarse nas praias. Axentes da Policía Local desprazábanse tanto a Praia de Arealonga en Chapela como a Cesantes para comprobar que os bañistas respectaban as medidas de seguridade impostas por Sanidade. O comportamento polo de agora está a ser exemplar e, malia que a afluencia foi masiva, si se mantiña a separación entre os grupos de bañistas.


Deporte • 26/05/2020

Logo de que a semana pasada se abrisen ao público as pistas de tenis, con cita previa, a partir deste xoves poderán utilizarse tamén as de pádel. Os pavillóns municipais tamén estarán dispoñibles para adestar "en pequenos grupos", metres que a apertura das piscinas municipais deberá agardar á Fase 3 da desescalada en función dos criterios que estableza o Ministerio de Sanidade.


Sociedade • 26/05/2020

O Concello apela "á responsabilidade dos veciños" para un uso correcto dos areais. As praias están listas e sinalizadas coas recomendacións sobre o seu uso durante a alarma sanitaria. Pero sen parcelas, nin quendas, nin citas por internet. O goberno local decidiu non establecer ningún tipo restricións para o uso dos seus areais desde onte, coa entrada en vigor a Fase 2 da desescalada.


Sucesos • 25/05/2020

Tanto o sábado como o domingo, veciños de Redondela alertaban do estado que presentaban as augas do río Alvedosa ao seu paso polo centro da vila. Tinguidas de terra e cun aspecto certamente preocupante foron moitos os que alertaron aos servizos municipais quen confirmaron que non hai que temer ningún tipo de vertedura contaminante. Explican dende Medio Ambiente que as augas turbias foron consecuencia dunha purga na rede de abastecemento nos depósitos da traída en Quintela. Como efecto da purga produciuse un pequeno movemento de terras ao Rego Maceiras que chegou ao centro da vila.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Out 2018 >>
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031    

Próximos Eventos...
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia