www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 21 de Xaneiro de 2020


Sucesos • 21/01/2020

A Policía Nacional detivo a dous albaneses de 24 e 34 anos de idade responsables de 17 roubos con forza en varias urbanizacións de Vigo e Redondela cometidos durante os pasados meses de novembro e decembro. En todos os asaltos forzaban portas ou xanelas das plantas superiores e accedían ao interior para levar xoias e diñeiro, así como artigos ou efectos de gran valor e rápida venda. Nalgúns casos accederon á vivenda mentres os seus propietarios estaban ceando ou vendo a televisión no andar inferior.


Sociedade • 21/01/2020

A parroquia redondelá inicia este mércores as festas patronais que inclúen citas relixiosas, musicais, verbenas, propostas para os máis pequenos, unha concentración de coches clásicos e a XI edición da festa do cocido, que terá lugar o domingo 26. As persoas interesadas deben reservar os seus tickets chamando aos teléfono 663 17 69 51 ou 670 884 419. Tamén poden adquirilos na cafetería O Rodeo en Rande ou a través das redes sociais da Comisión de Festas.


Deporte • 21/01/2020

O adestrador do Redondela F.S. amósase moi satisfeito co rendemento do equipo, malia que comezaron a segunda volta cunha derrota que os fai baixar do 2º ao 3º posto da táboa de Preferente Sur. Davila tamén advirte que hai que parar "a euforia" e traballar "semana a semana". O seu próximo rival será o Verín Sala, co que se miden en Redondela o domingo.


Institucional • 21/01/2020

O Concello de Pazos de Borbén presentarase este mércores na Feira Internacional de Turismo (Fitur) encadrada dentro do novo xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. Unha nova marca turística que agrupa a 14 municipios do suroeste galego e entre os que destaca este municipio pola gran cantidade de recursos patrimoniais que atesoura, 19 dos 64 bens de interese cultural e paisaxísticos de todo o xeodestino.


Política • 20/01/2020

A asociación de veciños de Chapela e Teis presentaron este luns por rexistro no edificio administrativo da Xunta unha solicitude de reunión co ministro de Transporte, José Luís Ábalos, ao que reclaman que se concrete "xa" unha data para a supresión da peaxe da AP-9 en Rande. Ademais da adopción das medidas de mellora aprobadas para as zonas limítrofes e a colocación de pantallas acústicas. De non obter resposta, advirten, retomarán as mobilizacións.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Nov 2019 >>
LMMXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 

Próximos Eventos...
Martes, 21 de Xaneiro de 2020 - 20:00
Charla no Multiúsos
Charla sobre educación efectivo sexual no Multiúsos a cargo da médico de familia e especialista en educación para a saúde, Ana Prejigueiro Santás. O martes día 21 ás 20:00 horas.
Venres, 24 de Xaneiro de 2020 - 20:00
Asemblea de Paxaretas
O colectivo Paxaretas convoca unha reunión o venres 24 ás 20:00 horas na Casa da Cultura para abordar a organización de actividades de cara ao 8M. Anima a toda a veciñanza a participar.
Sábado, 25 de Xaneiro de 2020 - 20:00
Casa O,Rei de Ibuprofeno
O ciclo Vive o Teatro da Concellería de Cultura continúa o sábado 25 ás 20:00h no Multiúsos coa obra Casa O,Rei con Marián Bañobre, Miguel Borines, Santiago Cortegoso, Teté García e Víctor Mosqueira, entre outros. Prezo 7€ (5 euros reducida).
Sábado, 25 de Xaneiro de 2020 - 20:30
Teatro afeccionado en Chapela
VII edición do ciclo que organiza a Asociación Cultural e Social de Chapela e que este sábado 25 ás 20:30 horas deixanos a obra Get Back do grupo de teatro Porta Aberta de Vigo. Entrada de balde.
Domingo, 26 de Xaneiro de 2020 - 18:00
Patapatum de Elefante Elegant
Continúa o II ciclo de teatro infantil coa compañía Elefante Elegante quen porá en escena o domingo 26 ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira a obra "Patapatum". As entradas pódense recoller no propio Multiúsos a un prezo de 3€.
Martes, 28 de Xaneiro de 2020 - 19:00
Xuntanza de Podemos
A formación Unidas Podemos celebra unha xuntanza aberta coa militancia en Redondela. Será o martes 28 ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira.
Sábado, 1 de Febreiro de 2020 - 20:30
Teatro en Chapela
A compañía de teatro Rueiro de Vigo pecha a VIII edición do ciclo de teatro afeccionado de Chapela cunha adaptación de O Avarento de Moliere. O sábado 1 de febreiro ás 20:30 horas no Multiúsos do Piñeiral.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Tempo de Jazz