www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 23 de Xuño de 2018


Sociedade • 22/06/2018

Unha ducia de colectivos veciñais e culturais prenderán as súas cacharelas na noite do sábado, e outras arderán en fincas particulares. O Concello organiza un ano máis a festa de San Xoán en Arealonga, cunha fogueira e música.


Cultura • 22/06/2018

Redondela acolleu onte a presentación do Diario Galego, unha aposta editorial de Sermos Galiza que sairá á rúa en xaneiro de 2019. Un proxecto "ilusionante" segundo os seus promotores, que ofrecerá unha óptica propia da actualidade de xeito "veraz, obxectivo e independente", que só se vai deber "aos seus lectores". Para facelo realidade precisan 3.000 subscritores.


Institucional • 22/06/2018

O 26 de xuño a Carballeira de Arcade acollerá un obradoiro no que se deseñará unha campaña informativa sobre os malos usos dos residuos e o domingo 15 de xullo celebrarase unha acción de campo na praia da Ponte Colgante sobre o custe que ten para o medio ambiente deixar lixo nas praias. A inscrición está aberta na OMIX de Soutomaior ou no enderezo educación@soutomaior.com até o 22 de xuño.


Sociedade • 21/06/2018

Esta cita cultural, organizada polo grupo de baile e gaitas Airiños de San Simón do C.C.D. de Cesantes, contará con actuacións musicais para toda a familia, así como coa tradicional fogueira e con comida e bebida a prezos populares. A cita arranca ás 21.30 horas na Curva do Murallón. Nelson Quinteiro, as Punkiereteiras e a Fanfarria Furruxa porán o espectáculo.

 


Política • 21/06/2018

Os traballos, na cara norte do aeroporto, consisten na construción dunha escolleira de 15 metros de altura e ata 350 metros de longo. O BNG advirte que vai supoñer o traslado de toneladas de pedra, terra e áridos con camións de gran tonelaxe, obras que van causar un grave prexuízo aos veciños e tamén aos camiños públicos de Vilar. Lamentan a falta de información por parte do Concello.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Dec 2017 >>
LMMXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Próximos Eventos...
Sábado, 23 de Xuño de 2018 - 18:00
Festival Folk Illa San Simón
Coincidindo coa celebración de San Xoán o grupo de baile e gaitas Airiños de San Simón do C.C.D. Cesantes organiza este festival. Haberá actuacións musicais para toda a familia, así como coa tradicional fogueira e comida e bebida a prezos populares
Sábado, 23 de Xuño de 2018 - 21:00
Fogueira de San Xoán
O Concello de Redondela organiza unha festa de San Soán cunha fogueira na praia de Arealonga.
Sábado, 23 de Xuño de 2018 - 22:00
Ruta Mirtallo/Penide
A Concellería de Cultura e A Citania Arqueoloxía organizan unha ruta nocturna pola zona Mirtallo-PEnide. Información nos teléfonos 600381782 e 986861103.
Venres, 29 de Xuño de 2018 - 17:00
Festval Fin de Curso
A Escola de Música de Chapela celebra o seu festival de fin de curso no auditorio do Multiúsos Piñeiral do Crego.
Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz