www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Febreiro de 2020


Sociedade • 19/02/2020

A Comunidade de Montes está a desenvolver un programa de erradicación desta especie invasora nos seus terreos empregando como método o secado. Un sistema lento pero eficaz que evita danar a biodiversidade da zona e os mananciais con químicos e pesticidas. O obxectivo preservar as marxes do río Barragán, un espazo de máis de cen hectáreas de bosque autóctono.


Política • 19/02/2020

Carmen Amoedo lembra que son aproximadamente 2 km de estrada sen beirarrúas, entre Cesantes, O Viso e Alxán, con zonas moi perigosas nas que ou ben non existe beiravía ou remata nunhas cunetas moi altas. Aseguran que máis dun veciños ten sufrido algunhas caída e lembran que un peón foi atropelado na zona o pasado mes de novembro.


Sociedade • 19/02/2020

A Familia de Sesé Mateo e o concello de Redondela veñen de  crear este premio que busca recoñecer as boas prácticas no ámbito xornalístico e traballan na creación dun protocolo de actuación ante asasinatos machistas con orfos e orfas. Unhas iniciativas que se darán a coñecer no transcurso da clausura do proxecto Sesé Meto posto en marcha pola familia e amigos desta veciña de Chapela, vítima da violencia machista en febreiro do 2017. Un acto que terá lugar o 7 de marzo no Auditorio da Xunqueira.


Sociedade • 19/02/2020

A directiva do centro enviou unha notificación ás familias informando  da detección dun caso de parotidite ou papeiras entre o alumnado do instituto. Explican que se trata dun único caso, mais solicitan ás familias que estean vixiantes ante a aparición de posibles síntomas entre os seus fillos, dado que o período de incubación dáse entre os 12 e os 25 días.


Deporte • 19/02/2020

O goberno local asegura que a reforma do campo de fútbol do Viso, contratado polo anterior alcalde por un importe de licitación de máis de 476.000 euros, non contemplaba a construción de vestiarios polo que foi necesario realizar unha obra complementaria para que os xogadores poida contar cunha instalacións en condicións. Agora trabállase "contrarreloxo para reformar os vestiarios e as bancadas que permitirán estrear o campo na próxima tempada.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Feb 2019 >>
LMMXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728   

Próximos Eventos...
Venres, 21 de Febreiro de 2020 - 19:00
Charla escritura expresiva
Marisé Barreiros impartirá o venres 21 ás 19:00 horas na Casa da Cultura unha charla na que explicará as diferenzas entre a escritura expresiva e a creativa achegando exemplos e suxestións para obter o máximo proveito da escritura persoal.
Sábado, 22 de Febreiro de 2020 - 17:00
Entroido infantil
Obradoiros de disfraces na Alameda de Castealao dende as 17:00 ás 19:00 horas e inchables na Pista da Xunqueira ata as 20:30.
Sábado, 22 de Febreiro de 2020 - 19:00
Música con Paco Nogueiras
Concerto espectáculo Brinca Vai! a cargo do músico e actor Paco Nogueiras. Unha activiades enmarcada no obradoiro infantil que terá lugar o sábado 22 ás 19:00 horas na Alameda de Castelao.
Sábado, 22 de Febreiro de 2020 - 20:00
Top Manta no Vive o teatro
O ciclo de teatro da Concellería de Cultura achega ao Multiúsos a obra "Top Manta" de Fulano, Mengano e Citano. O sábado 22 ás 20:00 horas. Entrada 7 euros (5€ reducida).
Domingo, 23 de Febreiro de 2020 - 12:00
Sesión vermú de Entroido
A Cé Orquestra Pantasma ofrecerá un concerto ás 12:00 horas do domingo 23 na Alameda de Castelao.
Domingo, 23 de Febreiro de 2020 - 17:00
Desfile de comparsas
Un total de 26 comparsas percorrerán o centro da vila, dende o campo da feira ata Vilavella a partir das 18:00 horas do domingo. Previamente haberá animación musical con Aperta Percusión.
Xoves, 27 de Febreiro de 2020 - 17:00
Taller artístico na Biblioteca
A biblioteca de Soutomaior organiza o xoves 27 un contacontos e a creación dun gran cadro colectivo cunha mensaxe de igualdade. A participación no taller, orientada a maiores de 7 anos, é gratuíta. Inscrición na paxina web municipal.
Martes, 31 de Marzo de 2020 - 12:00
Premio Viadutos de Novela
Redondela premiará con 3.000€ ao gañador deste concurso literario. A recepción de traballos permanecerá aberta até o 31 de marzo. A obra premiada será publicada pola Editorial Galaxia. Máis información en www.redondela.gal
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia