| Mércores, 22 de Maio de 2013 - 17:30 |
| Charla de Maimiña |
| O mércores 22 ás 17:30 horas celébrase na Casa da Torre unha charla coloquio baixo o título “Silencio, muller parindo, bebé nacendo”. Unha actividade para difundir o Plan de Parto do Sergas organizada pola Asociación Maimiña. |
| Xoves, 23 de Maio de 2013 - 10:00 |
| Doazón en Arcade |
| O Centro de transfusión de Galicia despraza a Arcade unha unidade móbil para facilitar aos veciños que fagan as súas doazóns de sangue. O autobús permanecerá o xoves 23 en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas na rúa Rogelio Landeira. |
| Venres, 24 de Maio de 2013 - 10:00 |
| Doazón en Redondela |
| Unha unidade móbil do centro de transfusión de Galicia desprázase o venres 24 a Redondela. Permanecerá en horario de tarde nas inmediacións da casa Consistorial de 16:00 a 21:00 horas. |
| Venres, 24 de Maio de 2013 - 18:30 |
| Contacontos con Charo Pita |
| A Biblioteca de Redondela acolle o venres 24 na sala infantil o contacontos Quen quere viaxar comigo a cargo de
Charo Pita. Unha actividade aberta ás 18:30 horas para nenos a partir de 5 anos. |
| Venres, 24 de Maio de 2013 - 20:00 |
| A voz de lenda |
| O Multiusos da Xunqueira acolle a presentación dun novo número da revista "A voz de lenda" dedicado nesta ocasión a xustiza. Será o venres 24 de Maio ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira con entrada de balde. |
| Sábado, 25 de Maio de 2013 - 10:00 |
| Doazón en Redondela |
| O centro de transfusión de Galicia desprázase o sábado 25 a Redondela. A unidade móbil estará ubicada nas inmediacións do concello en horario de mañá de 10:00 a 15:00 horas. |
| Martes, 28 de Maio de 2013 - 20:30 |
| Charlas no recuncho |
| Ciclo de charlas sobre a alimentación no Recuncho. O martes 28 ás 20:30 horas na súa sede na rúa Reveriano Soutullo número 10. Falarase das "Dietas milagre, verdades e mentiras da alimentación". |
| Domingo, 9 de Xuño de 2013 - 10:00 |
| Mercadiño da Primavera |
| A Asociación Froles Mareliñas organiza un mercadiño o domingo 9 de xuño na súa sede na nave de Renfe ne Chapela. Para participar cun posto hai que inscribirse no 661653145 ou no enderezo frolesmarelinas@hotmail.es |
|