www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 21 de Outubro de 2017


Cultura • 20/10/2017

A compañía Butacazero presenta no Multiúsos da Xunqueira esta obra que fala dende unha perspectiva poética e optimista de doenzas como a demencia ou o Alzheimer. Unha obra que remata sendo un alegato sobre a vida vivida no presente. A representación será este sábado no Multiusos da Xunqueira ás 20.00 horas.


Cultura • 20/10/2017

Esta é unha das novidades que presente este ano a conmemoración da batalla naval que este venres escenificará o conflito bélico cunha recreación do desembarco da prata de indias e o ataque das tropas inimigas. Un adianto do que se vivirá o sábado na contorna do Meirande onde haberá a partir das 10:00 da mañá visitas ao propio museo, obradoiros e postos de artesanía así como a posibilidade para todo aquel que o desexe de xantar no lugar a un prezo de 19 euros.


Cultura • 20/10/2017

A súa profesión está no mar pero a súa paixón e a música. A veciña de Cesantes foi unha das elixidas para concursar no “Recantos” do programa televisivo Luar. A súa posta en escena será o tres de novembro. A música acompaña a Charo Martínez dende moi pequena e en todas as facetas da súa vida, na casa mentres marisquea na praia de Cesantes ou en ceas e reunións de amigos. Non ten formación musical nin experiencia riba do escenario pero a súa voz fixo que fose escollida para participar na oitava edición do concurso Recantos da TVG, unha aposta do programa “Lúar” pola música e os novos talentos galegos.


Deporte • 20/10/2017

O Chapela traballa na cohesión para afianzar o proxecto desta tempada. Co 85 % dos xogadores renovados o Chapela encara este comezo de liga. Polo momento os resultados están a avalar o novo proxecto da entidade con tres vitorias e dúas derrotas. Dende a dirección técnica, Diego Gil, recoñece que ao conxunto aínda lle falta cohesión, o que fixo que os resultados non fosen mellores até o momento, ao que hai que sumarlle as numerosas lesións de comezo de liga. O domingo visitan o campo dun rival directo, o Gondomar.


Sociedade • 20/10/2017

O colectivo redondelá porá á disposición de quen o desexe transporte para participar na manifestación que se vai celebrar o domingo, ás 12.00 horas, en Santiago de Compostela. O custe do billete será de seis euros. Os autobuses sairán de Redondela e Chapela, dependendo do número de solicitantes.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Abr 2017 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Próximos Eventos...
Sábado, 21 de Outubro de 2017 - 20:00
ButacaZero no Outonoteatro
O ciclo do Outonoteatro da Concellería de Cultura achega este sábado 21:00 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira a obra Na butaca da compañía ButazaZero. Entradas 7€ público en xeral 3€ reducida.
Domingo, 22 de Outubro de 2017 - 20:00
Monólogo con Javier Veiga
O ciclo de monólogos Humor na súa tinta achega a Redondela o espectáculo de Javier Veiga. o Domingo 22 ás 20:00 hroas no Multiúsos no Multiúsos da Xunqueira. Entradas 10€ na billeteira e no Café da Vila.
Mércores, 25 de Outubro de 2017 - 16:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará en Redondela para recoller doazóns. Diante do Concello o mércores 25, xoves 26 e venres 29 en horario de tarde 16:00 a 21:00 horas.
Venres, 27 de Outubro de 2017 - 18:30
Raquel Queizás en Chapela
A biblitoeca de Chapela acolle o venres 27 ás 18:30 horas o contacontos “Romaría: contos e lendas da nosa terra” con Raquel Queizás. Para nenos a partir de 3 anos. Entrada libre e de balde
Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz