www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Xaneiro de 2020


Sociedade • 17/01/2020

As xornadas, de carácter lúdico e pedagóxico, desenvolveranse nas mañás dos sábados 18 e 25 de xaneiro e os participantes, nenos e nenas a partir de catro anos de idade, aprenderán a localizar os niños de avespa velutina e construír as súas propias trampas caseiras. Un xeito de concienciar sobre esta praga invasora ao tempo que se anima a rapazada a participar de actividades ao aire libre.


Cultura • 17/01/2020

A Asociación Cultural de Chapela proponnos asistir ao Ciclo de teatro afeccionado que este sábado programa a obra Con Vivir (Multiúsos de Chapela 20:30 horas). En Redondela temos música con Talabarte (Mutiúsos da Xunqueira, sábado 20:00 horas) e humor co cómico vigués Miguel Lago que presenta o seu espectáculo Poñer Orde o domingo tamén no Multiúsos.


Sucesos • 17/01/2020

Tarde complicada onte nas estradas que obrigou a actuar aos servizos de emerxencias e aos axentes da policía local. Un xoves que nos deixaba dous accidentes de relevancia na N-550 entre Redondela e Peinador e na N-555 á altura da pantalla en Cesantes. En total catro vehículos implicados en dous sinistros que nos deixaban tamén catro feridos leves.


Sucesos • 17/01/2020

A borrasca que afectou na xornada de onte a toda a comunidade deixou tamén múltiples incidencias no noso concello, con balsas de auga, arquetas levantadas e baixos anegados en diferentes puntos do municipio. Con todo, o maior susto levárono en Chapela cando unha casa do barrio de Cidadelle sufría un incendio polo impacto dun raio. O incendio foi sufocado polos bombeiros de Vigo e unha persoa tivo que ser atendida por inhalación de fume.


Cultura • 16/01/2020

A parroquia de Nespereira en Pazos de Borbén celebra a V ruta nocturna do terror na que os organizadores confían en volver contar coa participación de 300 persoas. Unha actividade que adoitan organizar en torno ao Samaín pero que este ano tiveron que pospoñer ata en tres ocasión polo mal tempo. Cruzan os dedos para que este sábado a situación meteorolóxica mellore e a proba, que arrancará ás 20:30 horas, poida realizarse sen incidencias. Os interesados poden inscribirse no teléfono 607 853 578.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Abr 2018 >>
LMMXVSD
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30      

Próximos Eventos...
Sábado, 18 de Xaneiro de 2020 - 20:00
Concerto de Talabarte
Continúa o Ciclo Folk da Concellería de cultura coa actuación do grupo Talabarte o sábado 18. A actuación será no Auditorio da Xunqueira ás 20:00h. As entradas pódense retirar no multiúsos a un prezo de 3€.
Sábado, 18 de Xaneiro de 2020 - 20:30
Teatro en Chapela
"Con vivir" do grupo Expresión Teatro da Sociedade Cultural os Carballiños é a proposta que o ciclo de teatro afeccionado de Chapela nos deixa para o sábado 18 ás 20:30 hroas no Multiúsos do Piñeiral. Entrada de balde.
Domingo, 19 de Xaneiro de 2020 - 18:00
Humor con Miguel Lago
O ciclo Humor na súa tinta achega a Redondela a actuación de Miguel Lago que ven a "Poñer orde" no Auditorio da Xunqueira o domingo 19 en dúas sesións: ás 18:00h e ás 20:00h. As entradas están a venta a 12,50€ (anticipada), 14 na billeteira.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia