www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 25 de Abril de 2019


Política • 25/04/2019

A que fora cabeza de lista do PP nos anos 2003 e 2007 regresa a política activa e faino encabezando a lista de Ciudadanos , que logra así ter tamén candidatura en Redondela. Canal competirá con outras cincos candidaturas, a do PP que encabeza novamente o actual alcalde, Javier Bas, a do PSOE que lidera Digna Rivas e a do BNG na que repite Xoán Carlos González. Hai novidades na agrupación de Electores que presenta como cabeza de lista a Susana Couñago mentres que Unidas Podemos acudirá a estes comicios con Enrique Fojo como candidato.


Política • 24/04/2019

Amarturmar está xa en marcha logo de que nesta Semana Santa os primeiros turistas se sumaran a unha iniciativa que permite ao público convivir durante unhas horas cos profesionais do mar e coñecer a importancia do sector na nosa ría así como a riqueza que agocha as súas augas. Unha "ruta do choco" que desvelou datos sorprendentes aos participantes que puideron participar da experiencia de levantar unha nasa, sacar as redes do mar ou coñecer o bosque mariño no que aniña o cefalópodo. Os seus promotores traballan xa noutras rutas como a do marisqueo ou a dos mexilloeiros.


Cultura • 24/04/2019

O sábado 27 de abril a parroquia acolle un gran festival de música e baile para todos os públicos. O aparcadoiro da Alameda será o esceario dos concertos de Uxía Lambona e a Banda Molona, o DJ Rodri Vegas, o grupo Broken Peach e o espectáculo de Músicas e Danzas do Mundo coa Banda de Música de Chapela e o grupo de baile Porté. Desde as 20.30 horas ata as 00.30.


Política • 24/04/2019

Acompañan ao candidato popular ata nove caras novas, dun total de 23, con respecto ás eleccións de 2015, nunha lista que Agustín Reguera define como a "mestura perfecta de experiencia e mocidade. Con membros de case todos os barrios do municipio" na que Noelia Ocampo ocupa o número 2 e Ramón Fernández o 3. Caen da candidatura os que durante anos foron concelleiros como a edil de Cultura, Dolores Cernadas e Jesús Antonio Vidal.


Cultura • 23/04/2019

O primeiro de Maio é unha xornada reivindicativa no laboral coa conmemoración do Día do traballador, pero tamén festiva cunha cita obrigada en Redondela, a Festa dos Maios. Retranca, fiuncho e flores volverán ser protagonistas nunha mañá de mércores que reunirá un total de vinte participantes que tentarán facerse con algún dos premios que se conceden nas categorías de Maio tradicional, artístico, coplas e interpretación.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Abr 2019 >>
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     

Próximos Eventos...
Venres, 26 de Abril de 2019 - 10:00
Día do Maior
Redondela organiza o venres 26 unha xornada lúdica e festiva para os maiores do municipio. Celebrarase o Día do Maior no Complexo Deportivo Santa Mariña e no Pavillón Municipal da Marisma en horario de 10.00 a 19.00 horas.
Venres, 26 de Abril de 2019 - 12:00
Xornada na Illa de San Simón
A Illa de San Simón acollerá o 26 de abril unha xornada baixo o nome A cultura medieval á luz das novas tecnoloxías froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Redondela e o Consello da Cultura Galega. De balde con inscrición previa.
Venres, 26 de Abril de 2019 - 17:30
Obradoiro debuxo rítmico
Títeres Babaluva imparte un obradoiro de debuxo rítmico para crianzas de 0-4 anos (17:30) e de 5-10 (18:30), trabállase a música, a oralidade, a escritura e o debuxo. O venres 26 no Multiúsos da Xunqueira. Inscrición en normalizacion@redondela.gal
Venres, 26 de Abril de 2019 - 18:00
Acto público do BNG
Acto de peche de campaña o venres 26 de abril ás 18:00h na Alameda de Redondela coas intervencións do candidato a alcaldía de Redondela, Xoán Carlos González, a candidata ao senado Cecília Pérez e a candidata ao congreso Olalla Obelleiro.
Sábado, 27 de Abril de 2019 - 17:00
Obradoiro de cociña mexicana
Xuventude organiza clases de cociña mexicana orientadas a mozos e mozas de entre 15 e 18 anos. Impartiranse o día 27 no local Tía Estébana na rúa Reveriano Soutullo e compre inscrición previa a través dun formulario na páxina web do concello.
Sábado, 27 de Abril de 2019 - 21:00
Petróglifos de Ventosela
Redondela organiza unha visita nocturna para a noite do sábado 27 aos petróglifos de Ventosela baixo as explicación do arqueólogo Xurxo Constela. A visita é de balde, pero é necesaria inscrición previa no teléfono 600381782.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia