www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 15 de Setembro de 2019


Política • 13/09/2019

Así llo trasladaron á concelleira de ensino, Olga García, tanto os rapaces e rapazas que visitaban as instalacións por primeira vez o pasado mércores como a directora do Colexio, Patricia Román. "A luz, a amplitude das aulas, a pista deportiva, a existencia de dous patios diferenciados para infantil e primaria, os rapaces estaban entusiasmados co seu novo centro" explicaba e edil quen confía en que esta mesma tarde rematen os arranxos pendentes unha vez que as obras tiveran que prolongarse estes días en horario de tarde para non entorpecer o desenvolvemento das clases.


Cultura • 13/09/2019

A banda de Boiro presenta na Praza da Casa da Torre o seu último traballo de estudo, Sandwina. Trátase dun disco "ao máis puro estilo da banda", que abre o seu característico blues aínda máis á música americana en rockabillis, countries, souls e swings que non deixan indiferente a ninguén. Un concerto que terá lugar hoxe venres ás 21:00 horas logo de que na data prevista inicialmente tivera que ser aprazado polo mal tempo.

 


Cultura • 12/09/2019

A parroquia redondelá acolle este sábado dúas citas festivas que teñen como protagonista a música folk. Por unha banda, a Asociación Cultural Froles Mareliñas convídanos a vivir unha xornada de deporte, gastronomía e ritmos folclóricos na Alameda Rosalía de Castro de Chapela. O grupo folclórico Anaquiños tamén nos convida ao seu festival que terá lugar no  Multiúsos do Piñeiral ás 19:30 horas.


Cultura • 12/09/2019

O que fora concelleiro de Cultura, Julio Alonso pasará a exercer a xefatura de estudo na dirección da Escola de Música de Chapela. Salientan dende este centro musical a súa "ampla experiencia profesional no eido educativo sendo actualmente profesor do departamento de musicoloxía do Conservatorio Superior de Música de Vigo" así como a súa vinculación a este proxecto que apoiou dende os seus inicios.


Cultura • 12/09/2019

Galego nacido en Leiro e residente en Arteixo, o escritor Luis Denis Crispin, chega a Redondela para presentar o seu libro Paraños, unha colección de máis de 500 microrrelatos reunidos en 300 páxinas editado por Casa Ruíz Morote. O acto será na Casa da Cultura o venres ás 20:30 horas e contará coa presenza do xornalista de La Tribuna de Ciudad Real, o redondelán Diego Antonio Farto San José, o tamén escritor local Franscisco Sobral e a alcaldesa Digna Rivas.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Mai 2018 >>
LMMXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Próximos Eventos...
Domingo, 15 de Setembro de 2019 - 12:00
Cafetería Chan das Pipas
A Comunidade de Montes de Saxamonde saca a concurso o aluguer da cafetería do Centro Cultural de Chan das Pipas. Os interesados poden enviar un correo ao enderezo cmvmcsaxamonde@gmail.com ou poñerse en contacto a través dos tlf 627281470 ou 660981935.
Venres, 20 de Setembro de 2019 - 18:30
Contacontos en Chapela
A biblioteca Xela Arias de Chapela acolle o venres 20 ás 18:30 horas un contacontos en verso a cargo da poeta Yolanda Castaño. Unha actividade orientada a nenos e nenas a partir dos 3 anos de idade con entrada libre.
Xoves, 26 de Setembro de 2019 - 09:00
ITV vehículos agrícolas
A explanada do Salgueirón en Soutomaior acollerá o xoves 26 unha inspección técnica orientada a vehículos agrícolas. o horario de inspección será de 9:00 a 13:30h. A cita previa poderá concertarse na páxina www.sycitv.com ou no 902309000.
Luns, 30 de Setembro de 2019 - 18:30
Bebecontos en Chapela
A compañía Trémola teatro ofrece o bebecontos : Que animaliño é? o luns ás 18:30 horas. Orientado a crianzas de 6 meses a 3 anos de idade. Compre inscrición previa na biblioteca de Chapela.
Mércores, 2 de Outubro de 2019 - 12:00
Estimulación terapeutica
Os multiúsos de Redondela e Chapela acollen un programa de estimulación cognitiva organizado por Afaga que busca ralentizar el deterioro cognitivo. Luns e mércores de 10:30 a 13:30 na Xunqueira e os martes e xoves no mesmo horario no Piñeiral.
Hoxe na Radio