www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 24 de Xuño de 2017


Cultura • 23/06/2017

Caramuxo Vermello, Raúl & Cía., Soul & Roll, Denova, The Hendersons e RedOnBlack son as propostas musicais que nos deixa o festival "Sonoaire" e que convida aos veciños a sair á rúa e gozar destes concertos gratuítos que se van desenvolver estes sábado dende as cinco da tarde ata preto da medianoite.


Deporte • 23/06/2017

Dende o domingo 25 ata o 2 de xullo o pavillón de Chapela acolle os encontros correspondentes ao Torneo de Fútbol Sala que organiza o Arealonga. Oito días de competición que son toda unha festa deste deporte e que lle sirve tamén ao equipo para tantear posibles fichaxes e acadar tamén algún ingreso económico para o club.


Cultura • 23/06/2017

Cesantes celebra hoxe venres o seu festival folk con Airiños da Peneda e Virandeira. Unhao itava edición desta cita que se desenvolverá a partir das 22.00 horas na zona do Murallón e que será o arranque dunha noite na que se prenderá a tradicional fogueira de San Xoán a partir na medianoite. Os asistentes poderán degustar comida e bebida a prezos populares.


Cultura • 23/06/2017

O arqueólogo Xurxo Constela será o encargado de guiar esta andaina que organiza a Concellería de Cultura. Un percorrido accesible a todos os públicos que partirá o domingo 25 ás 22:00 horas dende o merendeiro da Poza da Lagoa. O obxectivo destas actividades é dar a coñecer o patrimonio e poñer en valor os xacementos de Monte Penide-Mirallo. Unha ruta circular de non máis de tres quilómetros que levará aos participantes a achegarse aos petróglifos existentes en Chan da Cruz, na Porteliña e na Poza da Lagoa.


Cultura • 22/06/2017

Todas as fogueiras que o solicitaron recibiron os permisos correspondentes, tanto a autorización municipal como o correspondente permiso de Costas para aquelas que se realizan no litoral. Doce das cacharelas son organizadas por asociacións e centros culturais que convidan aos veciños a vivir esta noite de venres unha velada de lume e festa.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xun 2017 >>
LMMXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Próximos Eventos...
Sábado, 24 de Xuño de 2017 - 17:00
Festival Sonoaire
Os artistas convidados son Caramuxo Vermello, Raúl & Cía., Soul & Roll, Denova, The Hendersons e RedOnBlack. As actuacións arrancarán o sábado 24 ás 17:00h e o último dos concertos será ás 22:00h en distintas prazas da vila. Organiza Cultura.
Domingo, 25 de Xuño de 2017 - 10:00
Carreira popular Redondela
A décima edición que se disputa o domingo día 25 contará coa presenza de 800 atletas. O prazo de inscrición está aberto ata o xoves na zapatería Susuela (rúas Adro, 32) ou a través da web www.championchipnorte.com.
Martes, 27 de Xuño de 2017 - 10:00
Doazón de sangue en Redondela
Unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello o martes 27 en horario de mañá de 9:30 a 14.30 e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas
Mércores, 28 de Xuño de 2017 - 09:30
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello o mércores 28 en horario de mañá de 9:30 a 14.30 e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas
Luns, 10 de Xullo de 2017 - 12:00
Axudas de comedor
Aberto o prazo para solicitar as axudas de comedor para o vindeiro curso escolar 2017-2018. Poden acceder a elas familiar con menores escolarizados en centros públicos do Concello. Os interesados deben solicitalas antes do 10 de xullo.
Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz