www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Xullo de 2019


Política • 16/07/2019

O que fora alcalde durante os últimos oito anos, Javier Bas, presentou onte a súa renuncia a presidir o Partido Popular local e renuncia tamén á acta de concelleiro "por motivos laborais". A nova xestora, presidida pola exconcelleira Ana Alonso será a encargada de reforzar a estrutura de partido. Nesta xestora estarán tamén presentes Carmen Amoedo (vicepresidenta), Susana Cabaleiro (secretaria xeral), Alberto Pazos (portavoz), Mari Carmen Bastos (secretaria de Organización), Arturo González (tesoureiro) e María José Barciela (Coordinación Parroquial).


Política • 15/07/2019

AER fala de "operación disco duro" a mans do anterior goberno do PP. O PSOE adianta que están estudando as posibles "responsabilidades persoais ou políticas" que poidan derivar da eliminación do facebook da institución municipal, logo de que a páxina fora borrada por persoal de confianza do anterior goberno de Javier Bas. O BNG ironizaba sobre o tema preguntando se os "populares tiñan previsto pedir un rescate para liberar o facebook".


Sociedade • 15/07/2019

Nenos e nenas a partir de 4 anos de idades poderán gozar de diversas propostas pensadas para eles nos campamentos de Praia que se poñen en marcha nos principais areais do concello a partir de hoxe luns 15 de xullo. Unhas actividades que estarán en funcionamento ata mediados de agosto e que non precisa de inscrición previa, tan só achegarse ao lugar no que se desenvolve a actividades a partir das 17:30 horas.


Deporte • 15/07/2019

Unha xornada de precipitacións intensas que deron unha tregua para a celebración da carreira popular de Redondela que por decimosegundo ano organizaba este sábado a Asociación de Atletismo CAR. Éxito de participación en todas as categorías, dende os máis cativos que eran os primeiros en tomar a saída ata a categoría absoluta, na que participaron os maiores de 16 anos. Unha edición que por primeira vez se celebraba en horario nocturno e da que os organizadores salientaron a importantes presenza feminina, xa que representaban o 40% do total de inscritos.


Política • 12/07/2019

Rifirrafe continuado entre a alcaldesa Digna Rivas e a voceira do PP, Carmen Amoedo quen chegou a cualificar ao novo goberno PSOE-AER de "pacto de perdedores". Continuas chamadas a orde por parte da alcaldesa quen, malia os enfrontamentos e a presidir un goberno en minoría, si logrou sacar adiante os asuntos incluídos neste pleno organizativo. Ademais do salario da rexedora aprobáronse as asignacións económicas ao restos dos concelleiros con responsabilidades de goberno. Quedou sobre a mesa a creación e retribución dos postos de persoal de confianza que queda supeditado á negociación das asignación aos partidos políticos, logo de que así o solicitara o BNG.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xun 2018 >>
LMMXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 

Próximos Eventos...
Sábado, 20 de Xullo de 2019 - 22:00
Fanfarria Taquikardia
A animada música da fanfarria Taquikardia porán ritmo á noite do sábado 20 de xullo ás 22:00 horas. Un concerto de balde na praza da Casa da Torre enmarcado na programación cultural do concello.
Domingo, 21 de Xullo de 2019 - 22:00
Coanhadeira
Espectáculo Bicos con luvas do grupo Coanhadeira, o domingo 21 ás 22:00 horas na praza da Casa da Torre. Organiza Concello de Redondela.
Domingo, 21 de Xullo de 2019 - 23:30
Guillermo Castro en Cesantes
A praia de Cesantes acolle o domingo 21 ás 23:30 horas un concerto a cargo do cantautor Guillermo Castro. Actuación de balde organizada polo Concello de Redondela.
Mércores, 24 de Xullo de 2019 - 22:00
Concerto de Treixadura
A música folk soará no paseo marítimo de Chapela cun concerto a cargo do grupo Treixadura o mércores 24 ás 22:00 horas. Actividade debalde organizada polo concello de Redondela.
Venres, 26 de Xullo de 2019 - 22:00
Habelas Hainas
Catro mulleres comprometidas integran esta formación musical Habelas Hainas, que se poderá escoitar o venres 26 ás 22:00 horas na praza da Casada Torre. Unha actividade de balde enmarcada na programación cultural do COncello.
Luns, 29 de Xullo de 2019 - 11:30
Contacontos en Chapela
A Biblioteca de Chapela organiza o luns 29 ás 11:30 horas un contacontos orientados e cativos de 6 meses a 4 anos. A actividade correrá a cargo do grupo Trémola Teatro e leva por título "Que animaliño é?".
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Tempo de Jazz