www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 20 de Xullo de 2018


Sociedade • 20/07/2018

A menos dun mes da súa celebración, o sábado 18 de agosto, xa se coñece quen será o encargado de poñer ritmo a esa xornada de festa en Redondela. Nesta ocasión a música reggaetón será a protagonista a cargo do cantante dominicano Henry Méndez. Unha festa que celebra a súa XXI edición en medio das críticas de moitos veciños e dalgunhas formacións políticas, como AER, por entender que é preciso desvincular esta celebración da idea de "macrofesta" e de "vía libre ao botellón".


Sociedade • 19/07/2018

Un total de 16 colectivos de Redondela veñen de solicitar no Concello que se recoñeza ao escritor e xornalista Diego San José (Madrid, 1884- Redondela 1962) como fillo adoptivo de Redondela. Unha iniciativa que busca dar a coñecer a figura deste redondelán de adopción e honrar tamén, de xeito indirecto, a todas aquelas persoas que coma el mesmo, foron represaliadas polo réxime franquista pola súa defensa da legalidade republicana.


Sociedade • 19/07/2018

A Concellería de Xuventude pon en marcha o campamento de verán que se vai desenvolver de balde na Alameda de Redondela no mes de agosto orientado a nenos e nenas que teñan entre 4 e 12 anos de idade. As persoas interesadas deben inscribirse ante do 31 xullo nos rexistros do Concello.


Cultura • 19/07/2018

A Concellería de turismo vén de publicar novos recursos que buscan facilitar aos visitantes o coñecemento da vila e a contorna. Coincidindo coa nova localización e imaxe da oficina de turismo, póñense a disposición das persoas que se acheguen polas novas instalacións (no antigo edificio do conservatorio), estes novos recursos en forma de mapa e rueiro, para dar a coñecer máis en profundidade tanto os valores turísticos como os culturais e patrimoniais.


Institucional • 18/07/2018

 

Audasa iniciou oficialmente este mércores os traballos para a construción do novo centro educativo que deberá estar rematado en xuño do próximo ano e en funcionamento en setembro de 2019 coincidindo co inicio do curso. Ademais do colexio tamén se realizarán obras de urbanización para mellor a accesibilidade e seguridade dos accesos.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xul 2017 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      

Próximos Eventos...
Venres, 20 de Xullo de 2018 - 22:00
Guillermo Castro en concerto
Ritmos látinos encherán a praza da Torre este venres coa música do vigués Guillermo Castro, que presentará o seu último traballo. Subirá ao escenario ás 22.00 horas.
Sábado, 21 de Xullo de 2018 - 21:30
Teatro infantil en Soutomaior
Teatro infantil da compañía Ghazafelhos. “Bon Appetit” no Campo de San Benito (Romaríz) o sábado 21 ás 21:30h.Bon Appetit é unha comedia onde a cociña tradicional galega é o ingrediente perfecto para unha comedia total en clave de clown.
Domingo, 22 de Xullo de 2018 - 12:00
II Tríatlon de Redondela
O domingo, 22 de xullo, as rúas de Redondela, acollerán a segunda edición do Tríatlón Concello de Redondela. Partirá ás 12.00 horas do peirao de Cesantes e a meta será na Alameda de Redondela.
Domingo, 22 de Xullo de 2018 - 18:30
Visita teatralizada a Meirande
O domingo, 22 de xullo, celebrarase dobre visita teatralizada ao Museo de Rande ás 18.30 e ás 19.15 hora. Actividade gratuíta pero é preciso inscribirse previamente. As visitas están adaptadas a persoas cegas, xordas e xordo cegas.
Domingo, 22 de Xullo de 2018 - 22:00
Concerto "La Supersonic"
A música ao aire libre chega este domingo á Alameda Rosalía de Castro co grupo vigués "La Supersonic". Versións de blues, rock e soul é a proposta deste quinteto. Subirán ao escenario ás 22.00 horas.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia