www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 18 de Agosto de 2017


Deporte • 18/08/2017

Esta fin de semana dispútanse as dúas últimas regatas puntuables da Liga Galega de Remo A. O club de Chapela participa na Bandeira Parquistas de Carril e a Illa de Samertolameu co obxectivo de manter o posto que lle garanta a permanencia na LG-A.


Sociedade • 18/08/2017

Nesta vixésima edición do entroido estival, os locais de hostalaría de Redondela apostan por realizar actividades en distintas zonas, organizadas entre varios establecementos. Desta maneira os visitantes poderán gozar en distintos espazos de diferentes formas de vivir o entroido.


Deporte • 18/08/2017

O Choco incorpora ao mediocentro Iago Paz, que substitúe ao mancado Juan Feijóo, e con esta fichaxe da por pechado o equipo para a presente temporada. Este domingo comeza a liga en Ponteareas ante o Cultural Areas. No campo da Lomba ás 19:00 horas.


Cultura • 17/08/2017

As prazas, rúas e prais de Redondela e Chapela acollen desde o martes e ata o domingo da próxima semana diferentes espectáculos para todos os públicos con moito ritmo, humor e color. O Festival de Cabaret de Redondela complétase cun Campus Cabaret con varias aulas maxistrais de artistas destacados para que todo o mundo poida vivir unha plena experienicia formativa.


Institucional • 17/08/2017

A Concellaría de Muller e Igualdade de Redondela convoca novamente axudas para actividades e programas de promoción de igualdade para asociacións e colectivos veciñais. A convocatoria está pensada para que desde o tecido asociativo tamén se sensibilice e promova o valor da igualdade.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Ago 2017 >>
LMMXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Próximos Eventos...
Venres, 18 de Agosto de 2017 - 12:00
Festival Folk de Fornelos
A praia fluvial de Fornelos acolle o XVIII Festival Folk. Ampla oferta gastronómica todo o día e concertos desde as 22.30 coa Banda de Gaitas de Fornelos, Banda de Gaitas Vila de Xixón e o grupo Bouzavella.
Venres, 18 de Agosto de 2017 - 15:00
Obradoiro de reciclaxe
O Peirao de Arcade acolle un obradoiro de reciclaxe para nenos no que tamén haberá inchables e agasallos. Desde as 15.00 ata as 19.00 horas.
Venres, 18 de Agosto de 2017 - 21:30
Rondalla de Redondela
A nutrida agrupación redondelá ofrece un concerto na Praza da Casa da Torre dentro da programación cultural de verán da Concellería de Cultura.
Venres, 18 de Agosto de 2017 - 21:40
Proxección de Maimiño
A Alameda de Redondela acolle a proxección de Maimiño e o espello máxico. Un filme para público infantil que versiona a historia de "Pulgarcito". Organiza o Servizo de Normalización Lingüística de Redondela.
Sábado, 19 de Agosto de 2017 - 16:00
Entroido de Verán
A música e o baile encherán as rúas desde as 16.00 horas. No campo da Feira a sesión Dj comezará ás 21.00; ás 21.00 concerto de Broken Peach; ás 22.00 VII Gala Drag Queen; 02.00 Concerto de Georgie Dann e remate con DJ Beat e Rodri Vegas.
Sábado, 19 de Agosto de 2017 - 17:30
Entroido de Verán Infantil
Obradoiros de maquillaxe e cociña na Praza de Ribadavia e inchables na Pista da Xunqueira. Ás 20.30 espectáculo de animación infantil A Bailar na Praza da Casa da Torre.
Domingo, 20 de Agosto de 2017 - 11:00
Concentración Seat 600
O Peirao de Arcade acolle a XXIII concentración de Seat 600, coa presenza de ducias de modelos deste clásico das estradas.
Xoves, 24 de Agosto de 2017 - 21:00
Cándido Pazó no Meixón Music
A praza de Meixón Frío acolle o xoves 24 ás 21:00h a actuación do actor e contacontos Candido Pazó.Unha actuación organizada polos locais A Tenda de Candelaria e Café da Vila.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia