Política • 15/02/2019
Durante as tres primeiras semanas da campaña de recollida de firmas foron preto de quince mil as persoas que asinaron a petición de eliminación da peaxe en Rande. Recollida que continuará nas vindeiras semanas e que se fará extensible aos concellos limítrofes. Tamén se buscará o “compromiso firme” dos partidos para que inclúan no seu programa electoral, de cara ás eleccións do 28 de abril, a eliminación da peaxe.
|
Cultura • 15/02/2019
A Concellería de cultura programa esta fin de semana "GO on", unha obra de teatro escrita por José Luis Prieto e dirixida por Marcos Orsi. Unha actividade de balde o domingo ás 20:00 horas no Multiúsos de Chapela a cargo da compañía de teatro Malasombra.
|
Cultura • 15/02/2019
O Multiúsos de Arcade acolle este sábado o día grande da Semana da Ciencia que se está a desenvolver no concello de Soutomaior coa colaboración da entidade Ciencia en Movemento, un grupo de científicos que de xeito ameno e divertido trasladan a nenos, e non tan nenos, a ciencia e todos os seus misterios.
|
Cultura • 15/02/2019
O Concello de Redondela ofrecerá o sábado 16 unha homenaxe a Paulina Sánchez, nomeada Personaxe do Ano polo Concello no 2017. O acto terá lugar ás 20.00 horas no auditorio da Xunqueira e consistirá na proxección dun audiovisual en torno a mestra Paulina, a presentación do libro "mestra de soños" e un pequeno concerto a cargo da Orquestra de Saxos.
|
Sucesos • 15/02/2019
Os feitos sucederon a última hora da tarde cando, segundo información da Policía Nacional, 4 mozos abordaron a un menor que camiñaba por unha céntrica rúa de Redondela e esixíronlle que lle entregase todo o diñeiro que levaba. Ao negarse un deles, veciño de Redondela e de 21 anos de idade, agrediuno e a continuación fuxiu do lugar á carreira sen lograr o botín.
|