www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 19 de Novembro de 2019


Política • 18/11/2019

A Concellería mantén pechado actualmente un tramo do paseo da Portela por motivos de seguridade ao existir nesa zona un total de 4 árbores que ameazan con precipitarse ao chan. Están a espera de que mellore o tempo para proceder a retirar eses exemplares que dende hai anos están mortos e que é preciso talar para evitar riscos innecesarios. Con todo, non se trata dunha situación illada. Hoxe mesmo actuaron na zona do Pexegueiro para retirar outras catro árbores e en Cesantes hai un chopo de grandes dimensións que se atopa na mesma precaria situación.


Deporte • 18/11/2019

O resultado en Somozas foi 1-0 nun partido no que os de "Gonza" mereceron moito máis. Ata dous goles lle foron anulados ao plantel redondelán. Na Primeira Galega gañou o Arcade ante o Candeán e na Terceira o Chapela goleou ao Vilariño. No balonmán triunfos nas categorías masculinas de Chapela e SAR, e derrota en Canarias da SAR Rodavigo de Honra Plata Feminina.


Sociedade • 18/11/2019

As obras de ampliación da AP-9 supuxeron o traslado do CEIP Igrexa a unhas novas instalacións, e o antigo edificio está agora en desuso. Os veciños da parroquia rexeitan que se derrube e piden que se rehabilite para darlle un uso social e cultural, como centro de día para maiores ou ludoteca.


Sociedade • 18/11/2019

O goberno local comprometeuse a instalar, como solución provisional, radiadores eléctricos nas aulas do novo colexio Igrexa, á espera de que se realicen os traballos pendentes que permitan ao centro educativo contar con calefacción. Con esa reivindicación un numeroso grupo de pais e nais protagonizaron o venres unha marcha protesta na que demandaron tamén que se acometa a ampliación e arranxo do camiño da Buraca, vial estreito e sen beirarrúas que os escolares empregan para acceder ao novo colexio.


Institucional • 18/11/2019

O goberno local anuncia que o acendido do alumeado farase o venres 29 de novembro para facelo coincidir co Black Friday co obxecto de "contribuír á dinamización do comercio de proximidade". Nos vindeiros días darase a coñecer a programación do Nadal na que "terán especial protagonismo os máis pequenos".




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Ago 2019 >>
LMMXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 

Próximos Eventos...
Mércores, 20 de Novembro de 2019 - 20:00
Impressións of Debussy
Andrew Rathbun & Jeremy Siskind confroman o dúo de piano e saxofón que este mércores 20 ás 20:00 horas ofrece un concerto no Multiúsos da Xunqueira con entrada de balde.
Venres, 22 de Novembro de 2019 - 20:00
Old Friends Memories
O veterano músico Pedro Iturralde actúa este venres 22 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Un concerto no que estará acompañado de diferentes formacións do Conservatorio de Redondela. Entrada de balde
Sábado, 23 de Novembro de 2019 - 17:30
Festival Bailemos polos peques
O auditorio da Xunqueira acolle o sábado 23 ás 17:30 o festival "Bailemos todos polos peques a favor de Unicef. Organiza asociación Piyopi. Entrada 5 euros.
Sábado, 23 de Novembro de 2019 - 20:00
Concerto en Arcade
O Multiúsos de Arcade acolle o sábado 23 de novembro ás 20:00 horas un concerto a cargo da Bada Artística de Arcade co gallo da conmemoración de Santa Icía. A actuación contará coa colaboración de solistas convidados.
Sábado, 23 de Novembro de 2019 - 20:00
Concerto Ducho Vidal
O Multiúsos do Piñeiral acolle o sábado 23 un concerto cargo do músico local Ducho Vidal. O venres 23 ás 20:00 horas con entrada de balde. Organiza Concellería de Cultura.
Sábado, 23 de Novembro de 2019 - 21:00
Ruta Monte Penide
Continúan os roteiros para coñecer o patrimonio. Este sábado o concello e A Citania organizan unha ruta noturna polos petróglifos de monte penide/Mirallo. Inscrición 600381782.
Luns, 25 de Novembro de 2019 - 12:00
Excursión a Perlim
Pazos de Borbén organiza unha viaxe o 1 de decembro ao parque temático de Nadal de Perlim, situado nas proximidades do Porto. O prazo de inscrición finalizará o 25 deste mes. O prezo da saída é de 33 euros por persoa.
Mércores, 27 de Novembro de 2019 - 12:00
Campamento de Nadal
O Concello oferta 165 prazas dentro do seu programa de conciliación de Nadal que se desenvolverá do 23 de decembro ao 3 de xaneiro para rapazada de 3 a 14 anos. Inscrición no rexistro municipal antes do mércores 27.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Tempo de Jazz