www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 17 de Outubro de 2017


Cultura • 17/10/2017

A festa amplíase este ano cun desembarco na Praia da Punta o venres ás 20:00 horas e unha mesa redonda o xoves na Casa da Cultura na que diferentes expertos falarán das investigación existentes en torno ao combate naval librado na ría no ano 1702. O día grande será o sábado con actividades durante toda a xornada nas inmediacións do Centro de Interpretación da Batalla-Meirande. A festa contará coa participación de 120 figurantes. O Concello comprométese coa Asociación Deportiva e Cultural de Rande a financiar as actividades previstas pechado así a polémica en torno a achega económica comprometida pola Concellería de Cultura para o evento.


Sociedade • 17/10/2017

Galicia botouse onte á rúa para protestar contra os incendios que nas últimas horas calcinaron os montes da comunidade e que afectaron con especial forza a nosa contorna e todo o sur de Pontevedra. Milleiros de cidadáns concentráronse en diferentes mobilizacións nas setes grandes ciudades pero tamén en vilas como a nosa, onde un cento de persoas se congregaron na praza do Concello para amosar a súa repulsa contra os incendiarios, contras as políticas de abandono do rural e contra o que cualificaron de nefasta xestión dos montes así como da situación provocada polos lumes por parte do goberno da Xunta.


Sucesos • 17/10/2017

As chuvias das últimas horas foron determinantes para dar extinguidos os lumes que asolaron a nosa contorna. Malia que onte aínda se traballaba para tentar sufocar por completo os pequenos focos que aínda quedaban activos, as precipitacións que nos acompañaron durante todo o luns, principalmetne de cara a tarde, permiten dar por concluída a loita contra o lume vivida dende a madrugada do domingo.


Sucesos • 16/10/2017

O concelleiro de Interior da por controlado o lume que durante máis de 24 horas afectou ao noso concello, principalmente á parroquia de Reboreda, aínda que os traballos dos servizos de emerxencia continúan nalgún foco "hai que estar atentos e vixiantes neses puntos que non están completamente apagados para evitar que se reactiven". Na mañá de hoxe un dos puntos de atención era o Camiño Río de Xans no límite entre Reboreda e Quintela e a estrada que comunica o Altos dos Valos con Nespereira.


Sucesos • 16/10/2017

O alcalde, Andrés Iglesias lamenta os danos materiais que na xornada de onte deixaban alpendres queimados, unha nave de madeira calcinada e un almacén de cervexas que tamén sufriu os efectos do lume, ademais dos centos de hectáreas de monte perdido. Unha virulencia que "me fixo lembras aos dramáticos lumes que afectaron a toda a comarca no ano 2006". Afortunadamente no hai que lamentar vítimas nin danos persoais e agora os esforzos céntranse en controlar o foco aínda activo na zona de Moscoso e Xunqueiras.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Set 2017 >>
LMMXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 

Próximos Eventos...
Venres, 20 de Outubro de 2017 - 16:00
Doazón en Pazos
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de Galicia desprázase o venres día 20 ao Concello de Pazos de Borbén onde poderán facer as súas doazóns todos os que o desexen en horario de tarde, de 16:00 a 21:00 horas ao carón do Colexio Público
Venres, 20 de Outubro de 2017 - 18:30
Contacontos na biblioteca
“Rebeca Atencia de misión no Congo” con Polo Correo do Vento. O venres 20 ás 18:30 contacontos ilustrado dedicado a Rebeca Atencia, veterinaria ferrolá e colaboradora de Jane Goodall. Para nenos a partir de 4 anos Entrada libre e de balde
Venres, 20 de Outubro de 2017 - 20:00
Recital poético multilingüe
Dentro da programación da VI edición do taller Con Barqueira e Remador, a Casa da Cultura celebra o venres 20 ás 20:00h un recital multilingüe onde se escoitarán os textos orixinais de cada un dos convidados e a súa tradución ao galego.
Venres, 27 de Outubro de 2017 - 18:30
Raquel Queizás en Chapela
A biblitoeca de Chapela acolle o venres 27 ás 18:30 horas o contacontos “Romaría: contos e lendas da nosa terra” con Raquel Queizás. Para nenos a partir de 3 anos. Entrada libre e de balde
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Tempo de Jazz