www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 20 de Xaneiro de 2020


Cultura • 20/01/2020

30 formacións súmanse ao primeiro disco do Artelixo. Artistas locais pero tamén redondeláns de adopción non quixeron perder a oportunidade de achegar o seu gran de area a este disco de marcada conciencia medioambiental. Está previsto que saia a venda no mes de abril, coincidindo coa vindeira edición do evento Artelixo. Rock, jazz, hip hop, blues... todos os estilos tiveron oco nun traballo musical que se gravou nas instalacións do local de ensaio nas Casas dos mestres.

 


Sucesos • 20/01/2020

Un total de sete árbores do paseo da Punta apareceron este domingo esnaquizadas, algunhas tronzadas pola metade e outras arrancadas directamente do chan. Todo apunta a acción dos vándalos que terían actuado na noite do sábado. O goberno local chama a colaboración veciñal para tentar localizar aos autores. Nos vindeiros días procederase a repoñer os exemplares afectados así como algúns que secaran.


Institucional • 20/01/2020

A alcaldesa Digna Rivas e o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa reuníronse con representantes dos centros escolares para darlle impulso á iniciativa porque entenden que "a Cidade Amiga da Infancia non pode quedar cinguida á realización de plenos xuvenís, de cando en vez, e que logo as propostas caian no máis fondo dos esquecementos". Neste sentido anuncia a constitución do Consello Municipal da Infancia e a Mocidade, "ferramenta imprescindible para que os nosos mozos e mozas dispoñan dun órgano no que presentar achegas, debater propostas e presentar iniciativas".


Institucional • 20/01/2020

No novo punto limpo os veciños poderán depositar residuos como pilas, aceites, cartuchos de tinta e tóner, fluorescentes, así como pequenos electrodomésticos e outros residuos de pouco volume e difícil reciclaxe. Os obxectos de gran tamaño seguiranse recollendo a través do servizo de recollida de voluminosos. O novo punto limpo móbil estará instalado durante todo este mes de xaneiro no Peirao de Arcade para darlle a máxima. Finalizado este mes establecerase unha ruta e establecerase un calendario completo que estará dispoñible na páxina web municipal.


Deporte • 20/01/2020

Un fatídico gol en propia porta, no minuto 89, deixa ao equipo redondelán sen opcións de puntuar ante o RCD Fabril nun partido moi igualado. No resto de categorías do fútbol, vitoria para Arcade e Atl. Vilar, e para o Campito en fútbol sala. No balonmán pleno de triunfos para os equipos locais, co Rodosa Chapela a 1 punto do liderato.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Set 2018 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Próximos Eventos...
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
00:00 - 18 Rodas
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia