www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 9 de Setembro de 2010

A Radio

A Radio Municipal de Redondela nace no ano 2002 con vocación pluralista e comprometida coas xentes de Redondela e a comarca.


Como o medio de comunicación máis áxil, inmediato e económico RR tenta contribuír ao fortalecemento da conciencia cívica da xente, do seu espírito crítico e da condición de todos os cidadáns e cidadás, ofertando a todos os veciños, colectivos e movementos sociais, culturais e deportivos a posibilidade de acceder aos seu micrófonos.


RR achega contidos temáticos abordándoos dende o punto de vista e o interese local, e procuramos información interesantes esquecidas noutros medios de comunicación. Reflectimos a actualidade como é: plural, concedendo a voz a todas as opcións políticas e a todos os axentes e grupos sociais.




RR está pensada para todos os públicos e todas as idades. Elaboramos espazos que prestan atención a temas como o cine, as novas tecnoloxías, a ecoloxía, as viaxes, o deporte, a etnografía, a música. Recollemos ofertas para o tempo de lecer e convocatorias para todos e para todas.


RR é un altofalante, unha canle para as mensaxes e reivindicacións de colectivos locais de diverso tipo e intenta por o seu grao de area na procura da igualdade de xénero e da integración social, así como da necesaria promoción da lingua galega

Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Brasil moito alén
Axenda
Xoves, 9 de Setembro de 2010 - 20:00
Arte_k 2.0 na Xunqueira
O movemento de arte fotográfico Arte_K 2.0 inaugura este xoves día nove, ás 20 horas, unha exposición no Multiusos da Xunqueira que poderá visitarse até o 30 de setembro.
Venres, 10 de Setembro de 2010 - 12:00
Festival do Lixo Rock
Nova edición do lixo rock o venres 10 as 22:00 horas no antigo mercado do gando. Un recinto cuberto que garante a celebración do tradicional concerto independentemente das condicións meteorolóxicas.
Sábado, 18 de Setembro de 2010 - 22:30
Esguince en Arcade
O grupo Esguince (The Paleo Rock Band) actúa no multiusos de Arcade o sábado 18 ás 22:30 horas. Ofrecerá versións dos Beatles, Rolling Stones, Chuck Berry, Creedence Clearwater Revival e tamén temas propios. A formación orixinal de Esguince formous
Domingo, 19 de Setembro de 2010 - 12:00
Festa do Mexillón
Chapela celebra o día 19 na pista deportiva a XII edición da festa do Mexillón. O evento gastronómico está organizado pola comisión de festas da Virxe do Carme