www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 12 de Novembro de 2019

Un grupo de alumnos do Instituto Pedro Floriani mobilízanse para reivindicar mesas para a súa aula
Sociedade • 7/10/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Denuncian que actualmente son 31 alumnos nunha clase na que hai tan só 26 mesas, motivo polo que decidiron saír na mañá de hoxe a rúa para reivindicar un "aula decente e digna". Os rapaces e rapazas desta clase do instituto, ademais de concentrarse ás portas do seu centro educativo, decidiron trasladar a súa protesta ao centro da vila e realizaron unha pequena manifestación ás portas do Concello para esixír unha resposta positiva dende a Xunta de Galicia ás súas demandas.

 


"Non hai mesas para tantos libros" ou "O tamaño si importa" eran algunhas das pancartas que portaban este alumnos do instituto Pedro Floriani que na mañá de onte decidían sacar as súas reivindicación á rúa.


O problema teríase producido a raíz dun incremento imprevisto da matrícula, que fixo que o número de alumnos pasara dos 15 estudantes de anos anteriores a un total de 31 cando rematou o prazo de inscrición a mediados do pasado mes de setembro.


Ante esta situación está previsto proceder á compra de novos equipos informáticos, xa que actualmente tan só hai 19, así como o mobiliario preciso para ubicar a totalidade do alumnado inscrito no curso.


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: