www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 18 de Novembro de 2019

Música, baile e castañas no magosto da Asociación de veciños de Chapela
Cultura • 25/10/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A Asociación de veciños de Chapela convida á cidadanía a participar dunha actividade gastronómica e festiva que se vai desenvolver este sábado ás 17:00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego. Haberá carpa, mesas e como non, castañas nun magosto no que participan diferentes grupos de música, baile e teatro.


O contacontos "O censor dos monstruos" a cargo da empresa de animación Barafunda será a proposta para o público infantil nunha tarde na que actuará o grupo de baile e as pandereteiras de Anaquiños así como o grupo de gaiteiros de Froles Mareliñas. Haberá tamén outros estilos coa música pop rock de keisi Nait.


Un magosto organizado polo colectivo veciñal que conta coa colaboración do Concello e a Deputación de Pontevedra e que quere ser un día de convivencia cos veciños e veciñas para degustar castañas, chourizos e viño.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: