www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 12 de Decembro de 2019

Búscanse voluntarios para a Gran Recollida do Banco de Alimentos
Sociedade • 29/10/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A ONG necesita aínda máis de 1.200 voluntarios na provincia para desenvolver a súa gran recollida que vai ter lugar os vindeiros 22 e 23 de novembro. Malia que hai xa máis de 700 persoas inscritas para participar deste acto solidario, son necesarios dous mil voluntarios para cubrir a totalidade dos supermercados que se suman a esta iniciativa. Para facerse voluntario hai que chamar ao 986263022 ou darse de alta na páxina web da entidade.


A Fundación Provincial Banco de Alimentos necesita aínda da solidariedade dunhas 1.200 persoas que queiran ser voluntarios os próximos 22 e 23 de novembro, as dúas xornadas nas que se desenvolverá a Gran Recollida (GR) deste ano. Desde que se anunciara a campaña, xa foron adxudicados uns 700 voluntarios, pero séguense necesitando mans para poder levar a cabo con éxito esta acción solidaria, a de maior envergadura para a ONG.


Por zonas, dos 2.000 voluntarios requiridos, 1.200 serán para cubrir Vigo e a súa área de influencia; 500 para Pontevedra e comarca; 250 para Val Miñor e 50 para Baixo Miño.


Para ser voluntario do Banco de Alimentos hai que chamar ao 986 263022 ou cubrir un formulario colgado na web https://www.bancoalimentosvigo.org/about-us/solicitude-de-voluntariado/


O ano pasado recolléronse 330.000 quilos de comida, o obxectivo do Banco de Alimentos é igualar, polo menos, dita cifra. A ONG, que cumpre nestas datas 25 anos de actividade, apolítica e aconfesional, dedica os seus esforzos a facer cumprir un dos dereitos humanos máis fundamentais: o acceso a unha alimentación suficiente, segura e saudable de maneira gratuíta. Desde 2014, a entidade conta con delegación propia en Pontevedra.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: