www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 11 de Decembro de 2019

O PP culpa ao goberno local do atraso na remodelación da Avenida Mendiño
Política • 29/10/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A voceira dos populares en Redondela, Carmen Amoedo asegura que a falta de experiencia da actual alcaldesa é o que lle leva a facer "afirmacións falsas" cando afirma que o compromiso da Consellería para remodelar a Avenida Mendiño era un anuncio puramente electoralista. Recoméndalle que chame a Xunta para informarse de como estaba previsto financiar esa obra que prevé un investimento de 1,6 millóns. "Que levante o teléfono e se informe, porque é preciso facer un convenio para que a actuación sexa unha realidade, que ese investimento non veña recollido nos orzamentos da Xunta non significa nada".


Recomenda Amoedo á alcaldesa Digna Rivas que se "poña en contacto coa Consellería para determinar as condicións do convenio e poder así poñelo en marcha". Asegura que é algo que debería ter feito en canto chegou á alcaldía para establecer "prazos, porcentaxes e formas de pago do proxecto, tal e como fixo o anterior goberno de Javier Bas coa remodelación da Avenida de Vigo en Chapela".


A voceira dos populares teme que tanto este investimento como os 2,4 millóns de euros comprometidos co concello de Redondela dende a administración galega "vanse perder por culpa da inoperancia do bipartito actual, como é o caso da Casa de Cultura de Quintela".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: