www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 12 de Novembro de 2019

O cemiterio do Viso acolle a celebración do Día da restauración da memoria lingüística de Galicia
Institucional • 4/11/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O departamento municipal de Normalización Lingüística de Redondela foi o encargado de promover os actos conmemorativos desta data que se celebrou o pasado 27 de Outubro. O goberno municipal, encabezado pola Alcaldesa Digna Rivas e Concelleira de Normalización Lingüística, homenaxearon cunha placa na entrada do Cemiterio do Viso a todos e todas os que alí repousan e anunciou unha serie de iniciativas orientada ao emprego da lingua galega en lápidas e placas.


A placa foi colocada na entrada principal do Cemiterio do Viso, onde grazas á achega do Párroco, Don Carlos, destaca de forma ben visible a lenda "O Barrio de Todos ", un xeito de lembrar a unión da parroquia do Viso e para que chame a atención de cantas persoas acoden diariamente a este recinto a render homenaxe a seus defuntos, na memoria das persoas que xacen alí , porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu.


O Goberno Municipal e os funcionarios de normalización lingüística fan un chamamento á cidadanía a empregan con normalidade en tódolos ámbitos a lingua na que se manifestan na intimidade familiar.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: