www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 18 de Novembro de 2019

Cultura pon en marcha o rexistro de artistas locais
Cultura • 4/11/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O departamento de cultura do Concello fai un chamamento a todas aquelas persoas que traballen no campo artístico a se inscribir neste rexistro. O obxectivo é coñecer o número de artistas locais existentes para poder difundir, promover e facer visible o seu traballo. Por este motivo, convidan a todos os que traballen neste eido a enviar un correo cos seus datos ao enderezo cultura@redondela.gal.


Dende a Concellería de cultura explican que este rexistro está orientado a recoller a todas aquelas persoas ou grupos que traballen no campo artístico en xeral: músicos, actores, fotógrafos, pintores, escultores... calquera manifestación artística ten cabida neste inventario no que se poden inscribir aqueles que envíen un correo no que se acheguen datos sobre o nome do artista ou grupo, descripción do estilo artístico, integrantes e contacto.


O rexistro empregarase co obxecto de "difundir, apoiar, coordinar e facer visibles a todas as persoas que fan que o nosos municipio creza grazas a súa arte".


Apuntan tamén como outro dos obxectivos do rexistro, "coñecer o número de entidades existentes e mellorar a relación destas co concello, facilitando a súa contratación e participación nas actividades promovidas dende a propia concellería".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: