www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019

Clownic, unha risa cada dez segundos
Cultura • 31/07/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A proposta teatral máis atractiva do verán chega esta venres coa compañía Clownic e o espectáculo 100% tricicle. Será ás 23:00 horas no Campo da feira


Este grupo, que é a segunda compañía de Tricicle, presentará unha antoloxía cos mellores momentos de todos os espectáculos que os integrantes de Tricicle teñen creado.


Eduard Méndez, Antonio del Valle e Jaume Ortanobas son os actores que se encargan de seguir mostrando os traballos xa explotados comercialmente por Tricicle e que agora teñen unha segunda oportunidade. Creada no ano 1989, o espectáculo que se poderá ver no Campo da Feira a partir das 23:00 horas recibiu o premio ao mellor espectáculo extranxeiro en Francia e a Estrella de Plata no Festival del Mar del Plata. Nesta actuación farán unha antoloxía dos mellores sketchs dos 7 espectáculos creados por Tricicle, baixo o seu lema de sempre : a risa cada 10 segundos.


A programación das noites máxicas continuará mañá coa música do dúo Alicia y Rivera na Casa da Torre ás 23:00 horas.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: