www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 18 de Novembro de 2019

Un sindicato policial esixe a retirada da exposición do Colectivo Republicano
Cultura • 6/11/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A exposición "Criminalización do pensamento" volve estar no medio da polémica logo da súa inauguración este luns. A Unión Federal da Policía (UFP) anuncia que trasladará á fiscalía esta mostra por entender que incorre nun presunto delito de odio contra as forzas de seguridade do Estado. Esixen tamén "a inmediata dimisión da alcaldesa Digna Rivas e a subdelegada do goberno, Maika Larriba" por consentir a súa realización. A exposición fora retirada hai dous anos polo anterior goberno popular presidido por Javier Bas a instancias do mesmo sindicato policial. Dende o BNG amosan o seu apoio ao Colectivo Republicano.


A exposición, que se pode visitar no Multiúsos ata o vindeiro 30 de novembro. recolle imaxes das manifestación polo peche de Regojo en 1987, do vigués José Humberto Baena, represaliado franquista fusilado no ano 1975 así como fotografías das protestas que reivindicaron o voto feminino. É practicamente a mesma exposición que xa pasara por ese espazo no ano 2017, ampliada agora con imaxes da violencia machista e as cargas policiais do 1 de outubro en Cataluña. Naquela altura fora censurada e retirada días despois polo goberno do PP tras recibir as queixas do sindicato policial, alegando que podía incorrer nun delito de incitación ao odio.


Recuperando os mesmos argumentos, o sindicato UFP anuncia que presentará unha demanda ante a Fiscalía para que inicie unha investigación que inclúa tanto ao Colectivo Republicano como a propia alcaldía e a concellería de cultura por autorizar esta mostra.


Indignación do PP


Os populares de Redondela súmanse tamén a estas críticas por entender que a exposición "ademais de incitar ao odio, constitúe unha grave falta de respecto aos veciños que forman parte dos Corpos de fozas de seguridade" e esixen a "inmediata depuración de responsabilidade pos esa falta de respecto a quen poñen en perigo a súas vidas".


Defensa do BNG


Pola contra, dende o BNG amosaron o seu apoio ao Colectivo Republicano e cualifican as declaración do PP de "incendiarias" baseadas ademais nas accións dun sindicato policial "que foi investigado por malversación de fondos".


Consideran que o percorrido da imaxes, que tamén foran amosadas no local do Bloque logo de seren retiradas do Multiúsos polo PP, "unicamente pretende informar da represión á que foron sometidas mobilizacións sociais, que loitaban por conseguir dereitos cidadás".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: