www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 18 de Novembro de 2019

Gonzalo: "Todos os xogadores do Choco están moi comprometidos e o equipo compiten a un bo nivel"
Deporte • 6/11/2019
Autor: Ana Prieto

Gonzalo Fernández, "Gonza" o técnico do CD Choco amósase moi satisfeito co rendemento do equipo e advirte que "hai que darlle moita importancia aos 20 puntos acadados e á situación na táboa". O conxunto redondelán é 6º, a un punto da promoción de ascenso.


No empate do pasado domingo ante o Arousa, o equipo redondelán estivo por detrás en tres ocasións e en todas conseguiu a igualda. O conxunto de "Gonza" non baixou os brazos e pelexou aa o último minuto, un cambio de tendencia con respecto a encontros anteriores que o técnico valora como al "moi positivo". Fernández valora o rendemento do equipo nesta primeira volta e agarda porder competir a este mesmo nivel "sen baixar o pistón" para certificar a permanencia canto antes. Malia comezar a liga con algunhas baixas, o equipo non se resinte, algo que destaca "Gonza" como unha importante cualidade do cadro de xogadores xa que "calquera que salga no once faino ben". Salienta que todos están "moi comprometidos co club e o traballo semanal é sempre moi bo".


Pontellas-Choco


O sábado visitan o campo do Pontellas, rival situado na parte baixa da táboa que, logo de perder os tres últimos partidos, se achega perigosamente aos postos de descenso. Por iso no llo van poñer doado ao Choco, xa que están moi necesitados de puntos e o campo do Pontellas "sempre é un campo difícil", apunta "Gonza". A cita é ás 16.30 horas no terreo de San Campio.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: