www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 18 de Novembro de 2019

A música folk soa en Redondela co Coro Tradicional "Cantares do Brión" e o grupo Arxe
Cultura • 8/11/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O ciclo de música folk que organiza a Concellería de Cultura déixanos esta fin de semana dous concertos para gozar da nosa música. O auditorio da Xunqueira acollerá o sábado ás 20:00 horas a actuación do coro Cantares do Brión. En Chapela a cita será tamén o sábado a mesma hora no Multiúsos do Piñeiral co espectáculo de Arxe. A entrada é de balde.


Integrado por 60 persoas, o Coro tradicional Cantares do Brión chega este sábado ao Multiúsos da Xunqueira de Redondela para amosar o seu espectáculo de gran formato. O grupo constituíuse formalmente en marzo de 2010 co obxecto de interpretar, divulgar e restituír a música coral tradicional galega con acompañamento instrumental, con atención especial e uso habitual do idioma galego e a divulgación do traxe tradicional.


Pola súa banda, o espectáculo que ofrece el Grupo Arxe achega ao espectador a música galega de raíz remontándose un século atrás. Música da que gozaron varias xeracións anteriores con estilos diversos como as foliadas, rumbas ou pasodobres que buscan poñer ao público a bailar e cantar.


Músicos que teñen participados de grupos diversos e que se xuntan neste proxecto no que a música popular de raíz é a principal protagonista.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: