www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 12 de Decembro de 2019

A exposición do colectivo republicano volve ao Multiúsos tras ser retirada por mandato da Xunta Electoral
Política • 11/11/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A exposición Criminalización do Pensamento volve estar na entrada do edificio multiúsos logo de que onte fora retirada por orde da Xunta Electoral tras unha denuncia do PP. Unha decisión argumentada en que "os colexio electorais deben estar libres de carteis ou símbolos que pola súas connotacións poidan ser constitutivas de propaganda electoral". Malia acatar a decisión da Xunta electoral o Colectivo Republicano non comparte a decisión "xa que na mostra en ningún momento se pide o voto a favor de ningún partido, tan só se recollen feitos que forman parte da nosa historia". Unhas polémicas que están a ter un efecto chamada entre o público.


O Colectivo lamenta a decisión da Xunta Electoral xa que as imaxes e textos que recolle esta pequena exposición non interpelan ao voto a favor de ningunha formación política polo que non poden considerarse propaganda electoral. Con todo, o sábado retiraron todos os elementos que volveron colocar a primeira hora da mañá de hoxe. A parte positiva: o elevado número de persoas que se están achegando a exposición por curiosidade . "Na tarde do sábado había un grupo de Pontevedra e outro de Vigo que viñan para ver cal era o contido que tanta polémica estaba a xerar" explica Markos Lareira. Previamente á súa retirada provisional co gallo da xornada electoral de onte, xa foran moi comentada as denuncias presentadas por dous sindicatos policiais e a petición de clausura por parte do PP "o que está a ter un efecto chamada, aínda que todos os que se achegan non acaban de entender por que hai quen pide a súa retirada".


Logo do parón de onte a mostra xa se manterá de xeito continuado ata o día 30, cando está prevista súa clausura. Ademais este sábado organizan unha actividade en paralelo, unha charla na Casa da Cultura ás 19:00 horas na que se falará da loita obreira en Vigo e contorna.  


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: