www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 12 de Decembro de 2019

Javier Bas (PP): "Defenderei en Madrid os intereses de todos os redondeláns"
Política • 12/11/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O que fora alcalde de Redondela amosa a súa satisfacción logo de lograr o terceiro escano para o seu partido pola provincia de Pontevedra. Asegura que o seu papel en Madrid será defender os intereses de todos os pontevedreses e, en particular, dos redondeláns facendo fincapé na necesidade de arrancar a Fomento un compromiso e prazos concretos para todos os compromisos pendentes con Chapela e coa gratuidade da AP-9.


Asegura que malia ter como obxectivo facerse con ese escano en Madrid había "certa incerteza" debido as particularidades destes comicios "as enquisas daban resultados diversos, polo que non tiñamos asegurado ese terceiro posto por Pontevedra que finalmente si logramos".


Entende que se debe grazas ao traballo feito que logrou mobilizar aos descontentos que tiñan previsto quedar na casa. Lograron en Redondela mellorar os resultados de hai sei meses pasadon de 3.891 votos a 4.181, mellora que tamén experimentou o PP en toda a provincia en torno "a un proxecto moderado".


Jaiver Bas anuncia que seu papel será levar a voz de todos os pontevedreses, e máis concretamente de todos os redondeláns ao congreso "para tratar de ser parte unha solución e non dun problema froito da falta de concreción á hora de dar prazos por parte do Ministerio de Fomento en cuestións tales como as compromisos pendentes con Chapela e a gratuidade da peaxe en Rande".


Sobre a presenza de 52 parlamentarios de Vox entende que "é unha opción que hai que respectar porque é o que elixiron os votantes malia que fai un chamamento a eses votantes e reformularse esa elección e optar por outras "como a que eu represento, máis moderada e que busca aglutinar a toda a centrodereita".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: