www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 11 de Decembro de 2019

Marga Cal recibe a título póstumo o premio Ernestina Otero do colectivo Paxaretas
Sociedade • 13/11/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Mestra, feminista, solidaria, titiriteira... Marga Maderal Cal falecida en 2016 será galardoada a título póstumo co primeiro premio Ernestina Otero "Loitando pola Igualdade" que concede o colectivo feminista de Redondela. Será no transcurso dun acto aberto que se celebra este venres 15 ás 20:30 horas no Multiúsos da Xunqueira.


Un premio convocado polo colectivo feminista co gallo de recoñecer a mulleres pioneiras e relevantes do concello de Redondela, así como a entidades, colectivos, asociacións, empresas ou centros educativos que fomenten a igualdade real entre homes e mulleres do municipio.


A muller homenaxeada nesta primeira edición do premio será Marga Maderal Cal de quen destacan a súa "vida chea de luz e forza feminista, responsable de marcar tantas xeracións de nenas e nenos na súa profesión como mestra".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: