www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 12 de Decembro de 2019

Defensoras de dereitos de Colombia e Nicaragua imparten unha charla en Redondela
Institucional • 19/11/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Unha actividade que forma parte do proxecto "Defensoras de dereitos" impulsado pola Deputación de Pontevedra en colaboración coas ONGD galegas e que terá lugar este mércores ás 19:00 horas na Casa da Cultura. A charla contará coa intervención das activistas en defensa dos dereitos humanos en Nicaragua e Colombia, Georgina de los Ángeles Molina Rivera e Alicia Valencia Cuetia.


No marco do proxecto "Defensoras de Dereitos" impulsado pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Coordinadora Galega de ONGD terá lugar un ciclo de charlas e debates xunto a defensoras de dereitos de Colombia, Nicaragua e Galicia. Os encontros levaranse a cabo do 19 ao 22 de novembro en Vilagarcía de Arousa, Redondela, Bueu e Cuntis.


A persecución contra organizacións e persoas defensoras de dereitos humanos aumentou de forma exponencial en todo o mundo. A expansión das actividades extractivas e os agro negocios a gran escala multiplicaron os conflitos territoriais dispararon de forma alarmante os índices de violencia contra as persoas que defenden a auga, a terra e os bosques así coma os dereitos das mulleres e das comunidades indíxenas, afrodescendentes e campesiñas. Para dar a coñecer as causas e consecuencias globais que están a provocar esta situación e visibilizar exemplos de loita e resistencia, "Defensoras de Dereitos" contará coa participación de Alicia Valencia Cuetia(Colombia) e Georgina de los Ángeles Molina Rivera (Nicaragua), dúas defensoras que debido ao seu traballo como activistas ambientas e políticas, víronse obrigadas a marchar dos seus países.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: