www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 12 de Decembro de 2019

Manifestación en Arcade en defensa da sanidade pública
Política • 28/11/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O BNG de Soutomaior convoca este domingo unha nova manifestación en defensa da sanidade que partirá ás 12.30 h dende o cruce de Abanca na rúa Roxelio Landeiro. Unha protesta coa que queren denunciar o colapso que sofre a atención primaria na localidade da que responsabilizan ao Sergas por non cubrir as ausencias dos médicos cando se produce algunha baixa e por manter ao concello con tan só 3 médicos malia contar cunha poboación de 7.300 habitantes.


Recentemente denunciaban dende a formación nacionalista o colapso sufrido polo centro de saúde de Arcade despois de que o SERGAS se negase a cubrir a ausencia dun dos facultativos. Unha situación que se repite periodicamente e que provoca que a listas de espera dos veciños de Arcade para ter unha cita se demoren ata os 10 días.


Lembran ademais que ao manter o ratio de pacientes por facultativo moi por riba do aconsellado fai que "os médicos de Arcade teñan menos de 4 minutos para atender a cada paciente". Neste sentido apunta que noutros concellos con menos veciños, como por exemplo Vilaboa, conta con 4 médicos cando en Soutomaior son tan só 3.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: