www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 12 de Decembro de 2019

Dúas mocións sobre o 25N monopolizan o debate plenario
Política • 29/11/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O moción presentada polo PP demandando medidas contra a violencia de xénero provocou as críticas do resto dos grupos da corporación, quen lle afearon aos populares que presenten este tipo de iniciativas "mentres pactan con grupos de ultradereita que negan a existencia da violencia machista" en referencia aos gobernos nos que o PP comparte bancada con Vox. Previamente tamén se debatía unha moción do BNG na que se reclamaban medidas para combater a violencia sexual en Redondela. Ambas  as dúas saíron adiante, aínda que non por unanimidade. O PP non apoiou a proposta dos nacionalistas e o BNG votou en contra da moción popular.


Na semana na que se conmemoraba o 25N, a violencia contra as mulleres e a necesidade de adoptar medidas para acabar con esta lacra foi un dos asuntos que centrou boa parte do debate político na sesión ordinaria celebrada onte e que, unha vez máis, prolongábase ata preto da medianoite.


A moción presentada polo PP reclamaba do goberno local diferentes medidas como a realización dunha campaña de sensibilización contra a trata sexual.


Dende o PSOE amosaban a súa sorpresa porque "o PP reclame unhas iniciativas que eles non realizaron durante 8 anos de goberno". Criticaron tamén que agora demanden campañas contra a trata mentres no pasado "cando colectivos como Paxaretas fixeron iniciativas neste sentido non so non as apoiaron, senón que as contraprogramaron con actos electoralistas no mesmo espazo e na mesma hora".


Dende AER apoiaron a proposta "porque calquera petición en defensa das mulleres é ben recibida veña de quen veña" en palabras de Susana Couñago. Con todo, amosaron a súa sorpresa porque faga estas peticións un partido que gobernou durante dous mandatos e nada fixo neste sentido. Tamén lle afearon ao PP os seus pactos con Vox "un partido que nega a violencia contra as mullers".


Nas mesma idea afondaba o BNG "na cuestión feministas ou se está coa muller e co feminismo ou cos negacionistas" unha vez máis en referencia aos pactos coa ultradereita, e anunciaban o seu voto en contra porque "esta moción é tan só una lavado de cara do PP".


A moción aprobábase cos votos en contra do BNG, partido que previamente presentara outra moción na que se inclúen medidas que buscan "combater a violencia sexual no concello de Redondela" denunciando que se cometen en Galicia 1,5 agresións sexuais por día. Unha moción na que se inclúe a posta en marcha por parte do concello dun protocolo transversal, debatido e acordado por todos os axentes implicados para a prevención e actuación en casos de violencia sexual. Tampouco esta proposta foi aprobada por unanimidade. Os concelleiros do PP optaron pola abstención por entender que algunhas das medidas incluídas na moción e que se lle demandan a Xunta "xa son unha realidade".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: