www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Agosto de 2020

Proxección no Multiúsos da película documental "Arraianos" de Eloy Enciso
Cultura • 5/12/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Normalización Lingüística continua co ciclo dedicado ano Novo Cinema Galego que inclúe un total de catro longametraxe e que arrancaba a semana pasada co título "O que arde" de Oliver Laxe. Hoxe xoves a película elixida é o documental "Arraianos", unha crónica sobre unha pequena vila perdida nas montañas da fronteira entre Galicia e Portugal. A proxección será ás 20:30 horas e a entrada, que se pode retirar no propio Multiúsos, ten un prezo de 2 euros.


Aurora Salgado, Antonio Ferreira, Eulalia González e Celsa Araujo dan vida aos habitantes desta comunidade rural que se resiste a desaparecer. Unha película na que os momentos de ficción coexisten coa vida diaria dos veciños e que colleitou premios destacados como o do Festival de Lorcano. En vindeiras semanas poderase asistir tamén á proxección de "Mamasunción" de Chano Piñeiro (21 de decembro)  e "Trinta lumes" da redondelá Diana Toucedo (26 de decembro).


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: