www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Xaneiro de 2020

Eliminados dous vertidos de augas residuais en Redondela e Soutomaior
Institucional • 9/12/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O punto negro eliminado en Redondela tiña lugar no Río Fondón en Chapela. No caso de Soutomaior o punto de vertido de augas residuais á ría de Vigo procedía dunha filtración existente na rede municipal de saneamento do concello, no entorno do lugar da Devesa. Os vertidos foron detectados por Augas de Galicia e eliminados polos respectivos concellos.


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de comprobar a emenda dun punto de vertido de augas residuais no concello de Redondela, con afección ao curso do río Fondón, no seu percorrido polo lugar de Angorén, na parroquia de Chapela.


As emisións contaminantes foron identificadas polo persoal do Plan de Control de Vertidos de Augas de Galicia no marco das labores rutineiras de control á rede fluvial do concello e na liña de costa no ámbito do municipio pontevedrés. O resultado da inspección permitiu localizar unha filtración detectada nun pozo de rexistro da rede municipal de saneamento. A problemática detectada foi posta en coñecemento do Concello de Redondela para que procedese a adoptar accións correctivas para eliminar o vertido.


Por outra banda, eliminouse tamén un vertido de augas residuais á ría de Vigo, procedente dunha filtración existente na rede municipal de saneamento do concello de Soutomaior, no entorno do lugar da Devesa.Neste caso as emisións  contaminantes foron detectadas tras unha denuncia recibida en Augas de Galicia, constatándose a existencia de vertidos reiterados como consecuencia do deficiente funcionamento dunha estación de bombeo de augas residuais existente na zona.


Augas de Galicia procedeu á notificar á Administración local a situación, requiríndoselle a adopción das medidas oportunas para a subsanación do punto de vertido. Dende o Concello de Soutomaior, a través da empresa concesionaria do servizo de mantemento da rede de saneamento, leváronse a cabo melloras técnicas no bombeo citado, destinadas a minimizar a saturación da rede e os consecuentes episodios de vertido derivados de dita situación.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: