www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Agosto de 2020

Charla sobre o alzheimer e outras demencias no Multiúsos
Institucional • 10/12/2019
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiúsos da Xunqueira acolle este martes 10 de decembro, ás 19:30 horas, unha charla sobre o «Alzhéimer e outras demencias: detección e tratamento». Contará coa participación da traballadora social, Marina Requejo, o psicólogo Gonzalo Soliño e a terapeuta ocupacional, Nuria Vila, todos eles da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia (AFAGA).


A actividade está organizada polas Concellerías de Servizos Sociais e Terceira Idade do Concello de Redondela en colaboración con Afaga e busca achegar aos asistentes información sobre o Altzeimer así como sobre outras demencias que teñen en común o deterioro paulatino das capacidades cognitivas.  Achegarán información sobre como detectar estas demencias, xa que unha detención e tratamento temperá favorecerá un avance máis lento da doenza.


A iniciativa, englobada dentro do «Programa de Estimulación para persoas con Alzéimer e outras Demencias» está aberta á participación de todos os veciños e veciñas. Para máis información, as e os interesados poden dirixirse ao teléfono 986 402 608 ou ao enderezo de correo electrónico coordinacionservizossociais@redondela.gal


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: