www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Agosto de 2020

Medio Ambiente organiza unha saída para festexar a chegada do solsticio de inverno
Cultura • 10/12/2019
Autor: M. X. Queimaliños

A actividade terá lugar o vindeiro sábado 21 de decembro e está especialmente orientada a nenos e nenas que queiran achegarse á natureza a través dun paseo de exploración que os vai levar a percorrer o paseo do Pexegueiro. O número de prazas está limitado a 30 nenos, que pdoerán ir acompañados de adultos. A inscrición debe facerse chamando ao teléfono 986 400 300.


A Concellería de Medio Ambiente organiza o vindeiro sábado 21 unha saída de exploración e aprendizaxe da natureza para as familias. Unha actividade que contará con contos, obradoiros, xogos e un paseo ao carón do río Pexegueiro. Ademais os nenos participantes poderán gozar dunha merenda de balde.


Os obxectivos da propostas son favorecer o coñecemento da natureza en familia, promover o hábito de saír ao aire libre durante todo ano e promover o respecto polo medio ambiente fomentando o xogo ao aire libre.


A actividade é de balde pero está limitada a un máximo de 30 nenos e nenas. A data límite para se inscribir é o xoves 19, unha inscrición que se debe facer a través do teléfono 986 400 300 en horario de mañá.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: