www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 28 de Febreiro de 2020

O parque infantil de Santo Estevo de Negros terá que esperar ata a primavera
Institucional • 8/01/2020
Autor: M. X. Queimaliños

As obras de construción da primeira fase deste parque infantil debían ter comezado o pasado mes de outubro pero as condicións meteorolóxicas adversas impediron o inicio dos traballos nas datas previstas, segundo se sinala no informe emitido polo director da obra. Os traballos  comezarán nesta vindeira primavera, seguindo as indicacións técnicas.


O pasado 29 de novembro do 2019, o director da obra emitía un informe no que manifestaba a imposibilidade de dar comezo ás obras previstas ao estar os terreos anegados polas continuas choivas dos últimos meses.


O lugar onde se ten pensado realizar a actuación, con terras procedentes de distintos desterros, actúan a modo de esponxa propiciando o seu encharcamento.


As obras realizaranse nunha zona comprendida entre os camiños do Sapal e Costa Mouriño e consisten no acondicionamento dunha parcela para a posterior instalación dun parque infantil e unha zona deportiva para o que, o proxecto, inclúe os traballos de rozado de toda a parcela e a execución dunha rampla de acceso na súa vertente oeste.


O Concello de Redondela optou por paralizar o expediente polo prazo máximo establecido na Lei de Contratos, seguindo as recomendacións dos técnicos, polo que as obras poderán realizarse chegada a primavera sen necesidade de celebrar outro novo contrato.


A alcaldesa Digna Rivas, asegurou á veciñanza de San Estevo de Negros que a paralización dos traballos "debese exclusivamente a recomendacións técnicas de xeito que se poidan facer, posteriormente con todas as garantías necesarias". Rivas asegurou que este aprazamento "non implica nin a perda dos fondos previstos nin moito menos a cancelación da obra".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: