www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Febreiro de 2020

Dous accidentes en Cedeira e Cesantes con catro feridos leves
Sucesos • 17/01/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Tarde complicada onte nas estradas que obrigou a actuar aos servizos de emerxencias e aos axentes da policía local. Un xoves que nos deixaba dous accidentes de relevancia na N-550 entre Redondela e Peinador e na N-555 á altura da pantalla en Cesantes. En total catro vehículos implicados en dous sinistros que nos deixaban tamén catro feridos leves.


O primeiro dos accidentes acontecía ao redor das tres da tarde na estrada N555, entre Redondela e Peinador a altura do Restaurante Lemos. Por causas que investiga a Garda Civil de Tráfico, un vehículo perdía o control impactando contra outro. Os dous turismos implicados quedaron moi danados e malia que foi preciso intervir para excarcerar a un dos condutores, non presentaban lesións de gravidades. Unha ambulancia do 061 trasladou aos feridos a un centro hospitalario de Vigo.


O segundo dos sinistro tiña lugar as 17:30 horas en Cesantes, na zona da Pantalla, lugar no que colidía un camión cun turismo. Dous feridos tamén de carácter leve neste accidente no que interviron Protección Civil, Tráfico e a Policía Local para regular o tráfico.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: