www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 9 de Agosto de 2020

Fomento afirma que a ampliación de Rande é a alternativa máis rápida para mellorar o tráfico
Sociedade • 8/09/2010
Autor: Ana Prieto

O BNG denuncia que non soluciona os colapsos nos accesos a Vigo. Os nacionalistas, igual que o Concello e os veciños de Redondela, entenden que a ampliación da AP-9 só creará máis problemas de circulación, ademais de moitos prexuízos na parroquia de Chapela.


O ministro, José Blanco, respondeu esta mañá no pleno á deputada do BNG Olaia Fernández Davila, que o goberno tomou a decisión de dar prioridade a ampliación da ponte de Rande para facilitar a mobilidade na área metropolitana "porque é a máis rápida". A nacionalista criticou a reposta do titular de Fomento, xa que desde o sur da provincia reclámase desde hai anos unha alternativa "libre de peaxe", ademais insiste, igual que o Concello de Redondela e os propios veciños, en que a ampliación da AP-9 "non soluciona os problemas de mobilidade na zona nin os colapsos nos accesos a Vigo". Outro problema engadido é que ampliación suporá graves prexuízos na parroquia de Chapela, cun impacto medioambiental e social elevado.


En canto á demanda do BNG de dar prioridade ás alternativas libres de peaxe, como a A-59 e a A-57, Blanco dixo que estas estradas están "en fase de proxecto" e que por iso o máis rápido é executar a ampliación de Rande. Con todo, recoñeceu que estas alternativas son tamén importantes e que ten "a firme determinación" de aprobalos.

Comentarios
esto e unha festa todo a pedir
Xoves 9 de Setembro de 2010 ás 23:41 horas
todos a pedir uns quere ampliar a ponte de rande outros queren a autovia a59 e Xaime rey quere irse para madrid e poder gasta o seus millons . Eu quero un chale en marbella para facer como xulian muños e uns da camiseta negra que poñen autovia non graza non quere a autovia
Mari Ano
Xoves 9 de Setembro de 2010 ás 20:42 horas
Cando dis partidos maioritarios refireste claramente os que recibiron maior número de votos non máis de 10.000 entre todos eles nunhas eleccións municipais nas que o 60 % da poboación con dereito a voto 19.000 sobre unha poboación de 30.000 decidiu non votar votar nulo ou votar en branco. Refireste a partidos políticos sen apenas afiliación e que están maís ben por opter un beneficio persoal que por un beneficio común e colectivo. Refireste a partidos políticos nos que non existe democrácia interna refireste a partidos nos que a minoría élite consciente toma as decisións e os demáis acatan sen discusión debate etc. refireste a partido s que só consultan a cidadanía unha vez cada 4 anos falas de partidos fan negocio ca concesión de licencias urbanisticas? ca privatización de servizos públicos? falas destes partidos ¿non si? A ampliación de Rande é unha decisión política ou tecnica? Queren solucionar o problema de tráfico ou seguir enriquecendo a unhas multinacionais?
Para Mari Ano
Mércores 8 de Setembro de 2010 ás 21:40 horas
Os que reclaman a alternativa a Rande son os 3 partidos maioritarios de Redondela PP PSdG BNGe polo menos van 3 anos desde que a reclaman..
Mari Ano
Mércores 8 de Setembro de 2010 ás 20:31 horas
Que ben fala esta xente incluso falán polos que non abren o pico. "Desde o sur da provincia reclamase desde hai anos unha alternativa libre de peaxe" ¿quen é/son ese sur da provincia? nome e apelidos? cantos escritos se presentaron no rexistrodo Concello nese sentido? porque para arranxar as graves eibas de seguridade da totalidade dos pseudoparques infantis de Redondela non constan queixas no concello pero para abalar unha alternativa ....

Dende o sur da provincia pode que non pero dende Redondela levamos tempo pedindo que o SR. Pazos e a panda de bagos e maleantes do BNG de Redondela se vaian para as súas casas por farsantes mentireiros e manipuladores e case o temos conseguido cada elección son 500 votos menos e Pazos seguese presentando porque é imprescindible porque o fai tan ben gaña cada día máis respaldo vamos que estades os do BNG máis que autorizados a falar polo que din os veciños de Redondela e o sur da provincia. A próxima vez decide que o extremo oriente tamén quere a autovía que seguramente é verdade pois dalí ben o petroleo co que se fan as autovías polas que se conducen coches que consumen petroleo. Incluso podedes decir que ainda obama non nacera e os americanos tamén querían unha autovía libre de peaxe.

Creo que o BNG de Redondela lle quedan dous talediarios! + Votos para Bastos!
[1-4]

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: