www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 9 de Agosto de 2020

O cadro El Caminante de Friedrich poderá verse na Illa de San Simón
Cultura • 9/09/2010
Autor: Lorena Otero

A beleza da paisaxe, o entorno e o ambiente da Illa e da Enseada de San Simón cativaron ao pintor madrileño Ángel Orcajo que o plasmou no cadro "El caminante de Friedrich frente a La Isla del Pensamiento". Agora o artista vén de doalo á Fundación Illa de San Simón.


O pintor madrileño Ángel Orcajo vén de ceder á Fundación Illa de San Simón este cadro por ser este enclave natural a súa fonte de inspiración logo de participar no Foro Estrategar, celebrado na Illa o pasado mes de xuño.


Considerado unha das figuras máis relevantes das artes plásticas contemporáneas, con exposicións en importantes museos de España e fora destas fronteiras, Ángel Orcajo recoñeceu que durante a súa estancia na Illa sentiuse abraiado pola paisaxe, o entorno e o ambiente. Estas impresións traducíronse nunha obra realizada con técnica mixta sobre madeira cun formato de 220 x 100 centímetros.


O emprazamento escollido polo artista para a súa instalación permanente na Illa de San Simón foi o vestíbulo da Residencia Stella Maris. Orcajo continúa así esa relación especial que mantén con Galicia e que o levou a establecer un estudo de traballo na Costa da Morte.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: