www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 28 de Marzo de 2020

Amarturmar leva o seu proxecto de turismo mariñeiro ao Parlamento europeo
Sociedade • 7/02/2020
Autor: M. X. Queimaliños

Esta viaxe enmarcase dentro do proxecto da Rede Aktea de mulleres europeas na pesca e servirá para que se poidan poñer enriba da mesa a problemática do sector e dar visibilidade a este proxecto que acaba de nacer. Nunha das intervencións, na que participarán convidados pola euerodeputada do BNG, Ana Miranda presentarán e difundirán a actividade das mariscadoras e do turismo alternativo, destacando a súa ubicación en Rede Natura 2000.


Amarturmar naceu hai pouco máis dun ano dunha iniciativa protagonizada principalmente por mariscadoras, que conxugan o seu traballo co turismo alternativo e respectuoso con medio mariño. Neste ámbito realizan visitas que achegan aos participantes aos traballos do mar como o marisqueo tanto a flote como a pé ou a pesca con diferentes artes.

A visita desenvolverase do 24  ó 26 de febreiro e está financiada con cargo ao programa de visitas do Parlamento Europeo para grupos políticos.


O responsábel local, Anxo Lusquiños, destacou que "novamente un sector vinculado co mar de Cesantes, vai ter protagonismo en Europa da man do Bloque Nacionalista Galego". Para o Portavoz Municipal, Xoán Carlos González "trátase dunha iniciativa moi relevante a potenciar e máis tendo en conta que son principalmente mulleres mariscadoras as que están o fronte deste colectivo. Confírmase que as actividades respectuosas co noso medio mariño, poden ter futuro, garantindo postos de traballo de calidade".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: