www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 19 de Novembro de 2019

Comeza o I Concurso de Relatos Eróticos "Punto e Seguido" de Soutomaior
Cultura • 31/07/2009
Autor: Lorena Otero

O gañador poderá gozar dun fin de semana  para dúas persoas no Castelo de Soutomaior en réxime de media pensión durante a segunda quincena de novembro.


“Punto e Seguido” é un concurso literario de relato erótico posto en marcha pola Concellería da Muller, Servizos Sociais e Sanidade de Soutomaior que ten como obxectivo promover a educación e a saúde afectivo sexual así como eliminar tabús e estereotipos sexistas. As obras poderán presentarse desde o sábado un de agosto ata o domingo un de novembro e deben ser orixinais, inéditas e escritas en lingua galega. Ademais non poderán exceder as 600 palabras sen contar o título.

O xurado, que estará formado por profesionais relacionados coa literatura valorarán que o texto reflicta actitudes e valores igualitarios e a ruptura de estereotipos sexistas, especialmente os relacionados có erotismo e a sexualidade. Os participantes, que deberán ter máis de dezaoito anos, poderán presentar dúas obras como máximo, que pasarán a formar parte dos fondos bibliográficos da concellería así como os dereitos sobre a obra.

O gañador do concurso, que darase a coñecer na segunda quincena do mes de novembro, será premiado cunha fin de semana para el e un acompañante no Castelo de Soutomaior, que inclúe estancia e media pensión. O prazo para a presentación de orixinais é dende o 1 de  Agosto  ata as 14 horas do 1 de Novembro e deberá presentarse persoalmente ou por correo certificado. Para máis datos podedes consultar a páxina web
www.ex-presion.com ou no número de teléfono 986 70 12 27.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: