www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 9 de Agosto de 2020

Minas rexeitou as voaduras no túnel do Val do Maceiras polo risco para os traballadores
Sociedade • 9/09/2010
Autor: Ana Prieto

A Xunta detectou deficiencias no proxecto para arranxar a tuneladora, e agora estudan a nova documentación presentada polas empresas encargadas das obras do túnel do AVE. Aseguran que se fará no menor tempo posible, pero que se debe garantir a seguridade pública.


A Dirección Xeral de Minas estuda desde hai uns días a nova documentación presentada pola UTE encargada das obras do túnel da AVE a Vigo, na que debe incluír as deficiencias detectadas no seu primeiro proxecto en agosto co obxecto de obter o permiso para acometer as voaduras oportunas que permitan rescatar á tuneladora "Lebre" da roca. Fontes da Consellería de Industria confirmaron que o proxecto foi rexeitado ao estar incompleto e ao non garantir a seguridade dos traballadores. A nova documentación presentada polas empresas chegou á Dirección Xeral de Minas esta semana e os técnicos están a traballar para emitir un informe. Aseguran que o farán coa maior celeridade posible, pero que non se van a correr riscos. Desta forma, a Xunta contestaba as críticas vertidas por parte do propio alcalde de Vigo e do Ministerio de Fomento de non obter o permiso necesario para levar a cabo a reparación da "Lebre", a tuneladora que quedou atrapada na roca o pasado mes de agosto e que supuxo a perda duns 170 traballadores. Entre as críticas vertidas, tamén polo BNG, sobre a lentitude da Dirección Xeral de Minas en outorgar un permiso que noutros casos similares se conseguiu sen dilación, a Consellería de Industria insiste en que non se dará un permiso mentres a documentación presentada non reúna todas as garantías de saúde pública. De momento "Lebre" está parada desde hai un mes e o próximo día 18 farao a súa compañeira "Miñoca". A pesar de que Fomento garantiu que continuarán as obras, despedíronse ao resto de traballadores desa tuneladora, por finalizar o seu traballo. O propio ministro de Fomento aseguraba estar disposto a comparecer no Congreso para dar explicacións sobre a situación da entrada da AVE a Vigo.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: